Máis de 1,3 millónes de euros en axudas para a produción e comercialización de produtos apícolas

Vénse de publicar no DOGA a orde de axudas da Consellería do Medio Rural destinada á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, que ten como obxectivos principais contribuír á protección da diversidades, mellorar a posición dos agricultores na cadea de valor e modernizar o sector. O orzamento destas achegas é de 1.323.229,98 euros, e prevese unha ampliación presupostaria en base á repartición sectorial entre todas as comunidades autónomas que se vén de aprobar, de arredor de 100.000 euros máis. No marco destas axudas, a orde contempla cinco liñas de intervención. Así, na primeira será subvencionable a contratación de persoal técnico e de especialistas para prestar información e asistencia a persoas apicultoras, así como de persoal de administración. Tamén se poderá financiar tanto a organización de cursos e xornadas como a edición de folletos e publicacións como sistema de divulgación. Na segunda liña, subvencionaranse investimentos para loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas; para previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e para repoboar as colmeas mediante a cría de abellas ou para a racionalización da transhumancia. Na terceira, sobre as actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas, financiarase a contratación de servizos de análise do mel e de produtos apícolas por apicultores/as e agrupacións de apicultores/as, a adquisición de equipos e outro material para análise ou a contratación de servizos de análise de abellas, os seus produtos e outras matrices das colmeas para detección de praguicidas.
Na cuarta liña, sobre promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas, darase axuda para estudos de viabilidade económica e/ou de custos de produción das explotacións apícolas, estudos de mercado ou elaboración de proxectos piloto sobre novos produtos apícolas e/ou novas formas de presentación ou actividades de información e promoción do consumo do mel e produtos apícolas.
Por último, na quinta liña englóbanse accións de promoción, creación e mantemento.
Poderán ser beneficiarias os titulares de explotación apícolas, incluídos tamén aqueles que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida, e as agrupacións de apicultores. Hai que levar realizado actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano da presentación da solicitude, ser titular dunha explotación de máis de 15 colmeas a título individual ou 50 colmeas se solicitan axudas para realizar a transhumancia. Para o caso das agrupacións de apicultores, a solicitude deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións culturais

Seguinte Nova

Bóveda Slam Poetry

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss