Novo Plan de Sustentabilidade Turística para a Ribeira Sacra

A directora e o xerente de Turismo de Galicia, Nava Castro e Antonio Casas, respectivamente, participaron esta semana, por videoconferencia, no pleno da Conferencia Sectorial de Turismo, onde foi aprobado o Plan territorial de Vilas termais e cascos históricos de Galicia, que ten como obxectivo promocionar Galicia como destino termal e histórico-cultural de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas da nosa Comunidade.
Como os anteriores Plans, está estruturado arredor de Accións de Cohesión en Destino (ACD) e Plans de Sustentabilidade Turística (PSTD) impulsados polas entidades locais. Concretamente, engloba 1 ACD que conta cun investimento de 10.035.000 €, 7 PSTD impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 11.200.000 €, e 1 PSTD do Plan Nacional que recibirá un total de 2 millóns de euros..
A ACD “Galicia Destino termal” que conta cun importe total de 10.035.000 € contempla dúas accións principais, unha orientada a converter o Pazo Provincial de Ourense en balneario e centro de Innovación e de investigación do termalismo de Galicia (5,5 M€) e outra de mellora de Infraestruturas e oferta termal en Galicia (3,7 M€), que se complementan con accións de formación, investigación, innovación do turismo termal, así como a mellora da competitividade das empresas de turismo termal, por importe de 700.000 €.
No marco deste Plan Territorial, atópanse Plans de Sustentabilidade Turística, dos cales 7 son impulsados por entidades locais e 1 corresponde ao Plan Nacional.

  • PSTD “Centro histórico de Ferrol e Patrimonio militar da Costa Ártabra”, impulsado pola Deputación da Coruña. Conta con 2 M€.
  • PSTD “Ourense colle velocidade, vilas históricas e termais”, solicitado pola Deputación de Ourense. Conta con 1,5 M€.
  • PSTD “Mar de Santiago: un percorrido marítimo – fluvial”, impulsado pola Asociación Mar de Santiago, integrada polos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. Conta con 1,7 M€.
  • PSTD “Centro histórico de Betanzos: o pasado como motor de futuro sostible”, cun orzamento de 1 M€.
  • PSTD do Centro histórico da vila de Bouzas, do concello de Vigo, que conta con 2 M€.
  • PSTD “Plan vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”, cun orzamento de 2 millóns de euros.
  • PSTD “Allariz Destino sostible” con 1 M€.
    A estes 7 PSTD se lles engade un escollido no marco do Plan Nacional “Sol y Playa-turismo azul”, que é o PSTD “Ribeira Sacra. Compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua”, solicitado polo Consorcio Ribeira Sacra, que conta cun orzamento de dous millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sesenta anos de celebración do Día das Letras Galegas en imaxes

Seguinte Nova

Ana Pontón visitou a Feira do Viño de Vilachá

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: