O Polo Lugo Sur asesora 26 proxectos emprendedores

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou a pasada semana nunha xornada na adega Abadía da Cova organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Lugo sur (sito en Monforte de Lemos) para dar a coñecer as boas prácticas de empresas da provincia.
No acto titulado Conectando o polo co sector primario de transformación, a directora xeral puxo en valor a “velocidade de cruceiro” que está a tomar o Polo de emprendemento Lugo Sur que xa asesora a 28 persoas que están a liderar 26 proxectos empresariais activos. Tal e como destacou a representante autonómica a Ribeira Sacra, ademais de ser unha das rexións máis fermosas de Galicia, é “fonte de inspiración para moitas persoas emprendedoras”. “Esta área xeográfica ofrece gran cantidade de oportunidades a diferentes sectores, entre eles ao sector primario de transformación que desempeña un papel fundamental na economía deste territorio”, engadiu.
Na sesión, organizada polo Polo de Lugo Sur déronse a coñecer as boas prácticas de empresas como Adegas Moure, Casa da Fonte, Gandería Poluan, Airas Moniz e Tuta Fruta Eco Products. A través dunha dinámica de traballo colaborativo, as persoas participantes puideron traballar na identificación, a partir das necesidades do sector primario, os principais retos que poden xerar oportunidades de negocio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Declarado de utilidade pública e de interese social o Polígono Agroforestal de Bóveda

Seguinte Nova

Nova edición do Semente Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: