Ruralyouthfuture contribuirá á creación de emprego xuvenil de calidade no rural

A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que participan entidades doutros seis países da Unión Europa. Foto GPXG.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participaron a pasada semana na presentación do proxecto RuralYouthFuture, que contou con representación de todas as asociacións socias. Trátase dunha iniciativa financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa de cooperación interrexional Interreg Europe que busca potenciar o emprego xuvenil de calidade e a creación de postos de traballo para a mocidade nas áreas rurais.
A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que tamén participan entidades de Eslovenia Bélxica, Bulgaria, Estonia, Letonia e Portugal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude no marco do programa Euroxuventude.
RuralYouthFuture vai dirixido á mocidade que vive en zonas rurais e se enfronta a unha serie de dificultades de cara á súa inserción laboral (conexión dixital, despoboamento…), cuestións que son comúns entre as diferentes rexións de España e Europa. O proxecto ten interese en impulsar o desenvolvemento rural sustentable, facilitando o acceso da mocidade que vive en zonas rurais a novas oportunidades laborais.
Durante a presentación do proxecto, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE destacou a elección do proxecto liderado pola Fundación Galicia Europa fronte numerosas candidaturas. Do mesmo xeito, salientou os obxectivos de RuralYouthEurope, entre eles, eliminar as desigualdades entre o rural e o urbano, “coa creación e a consolidación de novas oportunidades que reduzan a fenda existente mediante o intercambio de boas prácticas e a promoción e aprendizaxe de novos sistemas que xeren traballo para a nosa mocidade”.
Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado animou as asociacións participantes neste proxecto a que presenten propostas concretas que “afiancen e poñan e valor o sentimento de orgullo de ser un mozo que pode vivir e traballar en ou desde o rural coas mesmas oportunidades que desde o ámbito urbano e, se cadra, con mellor calidade de vida”. Neste sentido, indicou que para conseguir esta meta queda camiño por diante e moitos retos compartidos por todos os países que necesitan resposta, pero amosouse confiada en que “entre todos sexamos capaces de contribuír a dar solucións e compartir as boas prácticas que actualmente existen”.

EuroXuventude
A plataforma EuroXuventude é o espazo para a mocidade galega no que poden consultar os proxectos e oportunidades que lles ofrece a Unión Europea. EuroXuventude pretende promover unha mocidade e cidadanía galega activa e participativa no proceso de construción comunitaria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vocacións tecnolóxicas e talento dixital nos institutos monfortinos

Seguinte Nova

Trens turísticos de Galicia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss