Moitas foron as conversacións, sobre todo nas concorridas terrazas de Monforte no verán, que versan sobre o potencial turístico da cidade. E sempre había alguén que, créndose orixinal, lanzaba o consabido, só fáltanos a praia, para ser un lugar perfecto de veraneo. E á vista do recente anuncio, parece que esta tradicional ladaíña deixará de ter sentido. Xa non saltaremos ao ritmo da canción dos Refrescos, Aquí non hai praia. Monforte terá a súa praia, faltaría máis. Pero pongámonos serios, é certo que Monforte foi perdendo cos anos lugares tradicionais de baño nas marxes do Cabe e non é menos certo que o Club Fluvial, aínda que suple esta carencia, faio a un custo que non todo o mundo pode ou está disposto a pagar. Estes feitos, propiciaron unha crecente demanda de zonas de baño no Cabe, que agora parece van ser atendidos. O que non sabemos é nin cando nin onde. Vaiamos por partes. O que agora nos anuncian desde é o inicio do expediente de tramitación. Para materializalo haberá que contar con permisos da Confederación Hidrográfica, informes de Patrimonio, un plan especial, compra de chan privado, etc. Multitude de trámites que están por vir. Respecto ao onde, o alcalde non quixo precisar a localización na que inicialmente prevén levar a cabo esta actuación, textualmente dixo que para evitar calquera tipo de polémica, xa que é un momento sensible suxeito a malas interpretacións. Interpreto que se refire ao período electoral. Aínda que segundo declarou o propio alcalde, este non é un anuncio improvisado motivado polas próximas eleccións, senón que é algo no que levan traballando hai moito tempo. Alguén lembrará o devandito excusatio non petita, pero só os mal pensados.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O Partido Popular de Sarria advertiu sobre a «deriva económica» do Concello, cun resultado orzamentario negativo
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a rematar os traballos de sondaxe e acondicionamento
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da