Vocacións tecnolóxicas e talento dixital nos institutos monfortinos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta semana varios encontros co alumnado e equipos docentes dos IES Daviña Rey, A Pinguela e Río Cabe, que foron distinguidos con varios premios en concursos nacionais e competicións autonómicas do Bacharelato de Excelencia; así como en campionatos de desenvolvemento de competencias empresariais e tamén de robótica. A primeira parada da súa ruta monfortina foi no IES A Pinguela, onde Javier Arias mantivo unha reunión cos alumnos e profesores distinguidos co primeiro e terceiro premio na V Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Neste centro tamén coñeceu a Diego Guntín, estudante que obtivo o primeiro premio no concurso de fabricación e programación de robots.
No IES Daviña Rey, O delegado territorial tivo a oportunidade de conversar cos alumnos Sara Santos Sarmiento e Luis Alfonso Rodríguez, distinguidos recentemente con sobresaíntes no STEMbach, o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía que se imparte neste centro, en colaboración coas tres universidades galegas. •

Estudantes do IES Río Cabe álzanse co terceiro posto no Young Business Talents

Alumnos do IES Río Cabe, de Monforte, conseguiron o terceiro posto na duodécima final nacional de Young Business Talents, o programa educativo de simulación empresarial que conta co patrocinio de ABANCA. Nesta edición, o título de mellor empresario virtual de España foi para o equipo do IES Maestrat (Castellón), que conseguiu vencer aos máis de 346 preuniversitarios de toda España que competiron na final celebrada a pasada semana en Madrid. Durante a xornada, os participantes tiveron que demostrar o seu talento empresarial e as súas habilidades directivas ao ter que dirixir a súa propia empresa virtual co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o IES Río Cabe e mantivo un encontro cos alumnos e o equipo docente e interesouse por este proxecto “co que demostraron a súa visión e habilidade empresarial, nun concurso nacional no que competiron con máis de 10.600 alumnos, o que aínda dá maior mérito a súa destacada posición”. A XII final nacional de Young Business Talents reuniu a un total de 346 mozos procedentes de 79 centros docentes de toda España. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Chantada mantén na súa candidatura ao núcleo do actual goberno

Seguinte Nova

Ruralyouthfuture contribuirá á creación de emprego xuvenil de calidade no rural

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss