Claudio Garrido gaña as eleccións en Sarria

Todo apunta á formación dun goberno bipartito entre Camiña Sarria e BNG

Os simpatizantes de Camiña Sarria, con Claudio Garrido á cabeza, celebraron, por todo o alto, os resultados obtidos.
Foto CS.

Claudio Garrido e Camiña Sarria leváronse a vitoria nas eleccións municipais, e fixérono mellorando de forma substancial os resultados obtidos fai catro anos. Mellorou en votos, obtendo cincocentos máis, o que lles permite conseguir un sétimo edil. Con este panorama Claudio Garrido practicamente garántese a continuidade no goberno municipal, pois non parece posible un acordo a tres bandas entre PP, PSdeG e BNG para desbancarlle. Moi ao contrario, todo parece indicar que desde Camiña Sarria tratarán de chegar a algún tipo de acordo de goberno, previsiblemente co BNG, para garantir estabilidade política, dada a pésima relación existente con Benjamín Escontrela, o candidato socialista, antigo compañeiro de filas de Claudio Garrido, agora acérrimo rival político.
Pola súa banda o Partido Popular, a pesar de mellorar o seu resultado en votos respecto ao ano 2019, perdeu un concelleiro, e deixa a Carmen José López, en terra de ninguén, na oposición pero sen capacidade de influencia na formación do goberno municipal.
Pola súa banda, Claudio Garrido mostrouse satisfeito cos resultados obtidos e agredeció a todos «os que nos destes o voso apoio para que no próximos catro anos lideremos o goberno local e saquemos adiante o noso proxecto de futuro e as promesas realizadas durante a campaña». Garrido lembrou que «onte foi un día de celebración, pero en política as alegrías nunca afán durar moito, polo que desde hoxe empezamos a traballar. Farémolo coa premisa de achegarlle estabilidade política ao Concello de Sarria, de ser un goberno que mira ao futuro e co compromiso de gobernar para todos, para quen nos vote e para quen non». No persoal, reiterou Claudio Garrido, «quero expresarvos a miña gratitude pola confianza de peritirme volver ser alcalde de Sarria. Prometo defender os intereses xerais deste concello e traballar aínda máis para estar á altura. De novo, moitas grazas polo voso apoio!!». Toca esperar uns días para confirmar que os contactos entre Camiña Sarria e BNG, prodúcense, e Claudio Garrido e Efrén Castro son capaces de pechar un acordo de goberno estable..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Sur de Lugo acudiu a votar nunha xornada marcada pola participación e a normalidade

Seguinte Nova

José Tomé Roca revalida a maioría absoluta en Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss