Monforte acolleu a cerimonia da Xura de Bandeira Civil

O Acto resultou moi emotivo, coa Xura dos Civís participantes, a Homenaxe aos soldados caídos e o Desfile da compañía ante as Autoridades e asistentes

A Praza dos Escolapios acolleu a pasada semana a Xura de Bandeira Civil de preto de 200 persoas nunha cerimonia presidida polo Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e o Almirante xefe do Arsenal de Ferrol.
Moita era a expectación que se levantou na cidade do Cabe, por un evento tan pouco habitual como solemne , unha Xura de Bandeira Civil, que contou cun maior número de participantes do esperado.
Durante o desenrolo do acto, un nutrido grupo de cidadáns manifestaron o seu compromiso á defensa de España, prestando xuramento ou promesa ante a Bandeira Nacional.
Nun primeiro momento, prodúxose o desfile ata a Praza dos Escolapios da compañía de honores que deu escolta á Enseña Nacional ante a que os xurandos realizaron o xuramento ou promesa e que rendiu honores de ordenanza da Autoridade que presidiu o Acto.
Coa chegada do, Almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, D. Ignacio Frutos Ruiz, e unha vez recibidos os honores, pasou revista á Forza en formación ao son da marcha militar e recibiu ao Alcalde de Monforte de Lemos, o Sr. D. José Tomé Roca, dirixíndose á Presidencia que ocuparon durante o desenrolo da Xura de Bandeira.
Colocada a Bandeira, no posto designado para proceder á xura, no momento mais emocionante do acto, os xurandos foron chamados un a un, para selar co seu xuramento ou promesa o compromiso de defender España. Tras a xura dos case 200 participantes, tivo lugar un momento non menos emocionante que a xura, e que consistiu na Homenaxe aos soldados caídos, que morreron con honor servindo á súa Patria. Neste momento, o Comternor e un xurando, dirixíronse ao monolito en forma de cruz para depositar unha corona e participar na oración ofrecida polo capelán.
A continuación, cantouse o Himno da Armada e tras pedir o permiso reglamentario, prodúxose o desfile da compañía á vista das autoridades e público asistente, e retirouse a Bandeira para que ocupara o seu lugar inicial, rematando o Acto co Himno Nacional.
As autoridades militares quixeron agradecer aos monfortinos e monfortinas presentes a súa compañía nesta celebración remarcando que a súa presenza é motivo de gran satisfación e estímulo para eles e quixeron agradecer ao Alcalde da Cidade a súa colaboración que resultou imprescindible para o Acto de Xura se puidera realizar.
O Alcalde tamén mostrou a súa satisfacción pola celebración dun acto tan significativo na Cidade de Monforte e tan emocionante para os participantes no mesmo.
A numerosa participación de cidadáns na Xura de Bandeira Civil, demostra que o obxectivo destes eventos, que é afianzar lazos de unión entre as Forzas Armadas e a sociedade, estase a conseguir satisfactoriamente.
José Tomé tamén quixo agradecerlle ás Autoridades militares “escoller a nosa Cidade para o desenrolo dun evento tan loxísticamente tan complexo e ao mesmo tempo tan emotivo como o que tivo lugar no día de hoxe”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicadas as obras para dotar de abastecemento distintos núcleos do Concello de Pantón por máis de 575.000 €

Seguinte Nova

Aberto o prazo para anotarse nos minicampamentos Coñece Galicia 2023, para nenos de entre 10 e 14 anos

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss