30 Adegas participarán na quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Como novidade, este ano as actuacións musicais se incrementan en número, pasando de dúas a cinco e se ubicarán no propio recinto do Festival

Presentación da quinta edición do Festival do Viño de Monforte. Foto GPCM.

Xa se deu a coñecer o programa da que será a quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 31 de xuño ó 2 de xullo no paseo do Malecón da cidade. Presentado nun acto polo Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, “O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, é unha proposta diferente cun amplo programa de actividades que xiran en torno ó viño, que é o auténtico protagonista do Festival”, sinalou José Tomé.
Neste senso, o Alcalde destacou, o incremento no número de adegas participantes, que aumentou en dúas con respecto á edición de 2022, participando neste ano 30 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.
“Estou convencido” sinalou o rexedor monfortino, “de que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte seguirá sendo un evento de referencia no sur da provincia de Lugo, un evento destinado a público de todas as idades, onde quen nos visite poderá descubrir e sentir Monforte e a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, gastronomía e tradición e por suponto, do viño”.

Cartel oficial do Festival do Viño
No que se refire ó Cartel oficial do Festival, o Alcalde explicou que “este ano quixemos, conservar a esencia do produto que se vai a degustar, dándolle relevancia ao verdadeiro protagonista do Festival, que é o viño e por iso utilizamos unha imaxe real, concretamente, unha fotografía realizada durante a derradeira edición do Festival”.

ACTIVIDADES VARIADAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
Como en anteriores edicións, destinados ós máis pequenos terán diversos obradoiros infantís:

  • Sábado 1 de xullo:
    12:30 a 13:30h. Contacontos. Anxo Moure.
    19:30 a 20:30h. Alfarería Tradicional da Ribeira Sacra – Figulus.
  • Domingo, 2 de xullo:
    12:30 a 14:00h. Taller circense. Circonove.
    19:30 a 20:30h. Showcooking. Velaísca Animación.
    Para adultos, organizaranse dous obradoiros de cata con diferente perfil:
  • Sábado 1 de xullo:
    11:30 a 12:30h. Taller de Análise Sensorial que abrangue diversos estilos a través das súas
    variedades máis nobres.
    13:30 a 14:30h.Taller de Análise Sensorial con viños elaborados a partir de variedades
    ancestrais recuperadas.
    Ademais, presentarase unha masterclass de dúas horas de duración aproximadamente e a
    cargo do coñecido sumiller Alejandro Paadin. Esta masterclass terá lugar o domingo, dous de xullo ás 12:30 horas e tratara sobre “Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais” .Cataranse un total de 10 referencias.
    Todos estes talleres, incluíndo a masterclass son gratuítos e faranse na zona acondicionada
    como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. A capacidade en cada taller é de
    30 persoas e é necesario facer reserva previa no teléfono +34 621 120 560 ou no email festivalmonforte@gmail.com.

ViñoRutas pola Ribeira Sacra
Unha das actividades que conta con máis participantes son as viñorutas.
O sábado, 1 de xullo con saída ás 15:15 horas, VinoRuta do Sil. “Tradición e Viñedos do Sil”. Visitarase a adega Rectoral de Amandi onde coñeceremos de primeira man os seus viños e a viticultura de montaña. Logo, na parroquia de Francos onde se atopa a adega Petron. Despois dirixirémonos ao peirao da Ponte do Sil para facer un fermoso paseo en catamarán polo río.Prezo: 20€ adulto e 10€ neno (ata 10 anos).
O domingo, 2 de xullo con saída ás 10:15 horas, VinoRuta do Miño. «Os viñedos e o río Miño». Saída de Monforte cara ao Saviñao para visitar Adegas Moure,onde terá lugar unha cata guiada e poderase disfrutar do meandro do Cabo do Mundo. Dende aquí seguiremos cara á Praia da Cova para facer un percorrido en canoa polo río Miño. A seguinte parada será na adega Pilares de Belesar. Dende aquí voltaremos cara Monforte de Lemos para desfrutar do Festival do Viño.
Prezo: 25€ adulto e 18€ neno (ata 10 anos).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

FANCINE DE LEMOSPRESENTA:A SÚA IX EDICIÓN

Seguinte Nova

O Camiño Creativo, finalista do Premio Internacional Unesco para a Economía Creativa

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss