A Corporación Municipal de Sober será de novo a primeira de España en constituírse

O Corporación do Concello de Sober, constituirase nun pleno que se vai celebrar o sábado ás 00:00 horas. Foto ENCOMÚN.

A Corporación Municipal de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse. Así o explica o rexedor en funcións, Luis Fernández Guitián, que volverá asumir o bastón de mando nun pleno convocado para o sábado ás 00:00 horas (a noite do venres ao sábado).
Deste xeito o pleno de investidura da Corporación municipal, que nesta ocasión terá 8 concelleiros do PP, 2 de Agroma Sober e un do PSOE, vai ser convocado para as 00:00 do sábado 17 de xuño, sendo novamente a primeira corporación de España en constituírse.
Nos anos 2011, 2015 e 2019 o Concello de Sober e o seu alcalde, Luis Fernández Guitián, xa foron os primeiros en tomar posesión, “algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve poñer o foco en Sober”, precisa.
O alcalde en funcións explica que “en España son máis de 8.100 Corporacións as que se constitúen o 17 de xuño e Sober non vai ser unha máis, vai ser a primeira”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Bóveda convoca o concurso de carteis para a Feira Tradicional de ‘Outrora’

Seguinte Nova

Encontro Plan Conecta FP Galicia no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss