Aberto o prazo para anotarse nos minicampamentos Coñece Galicia 2023, para nenos de entre 10 e 14 anos

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou no hotel Candor de A Lama a cuarta edición do programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia xa ten aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición do programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’. A través desta iniciativa, ofrécense 600 prazas para nenos de entre 10 e 14 anos para que desfruten de estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da nosa comunidade.
Poderanse facer a través do formulario que se habilitará na páxina web de Xuventude. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata cinco días antes da celebración do minicampamento ou ata esgotar prazas. A adxudicación de prazas será por orde de inscripción.
O programa ‘Coñece Galicia’ 2023 incorpora dúas novas localizacións con respecto ao pasado verán: o hotel Candor de A Lama (Pontevedra) e o hotel Laias de Cenlle (Ourense). Así, a proposta deste ano inclúe os seguintes minicampamentos na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.
Polo tanto, os minicampamentos complementan a oferta de prazas en campamentos da campaña de verán da Xunta co obxectivo de dar a coñecer todo a patrimonio natural, artístico e cultural de Galicia entre a xuventude.

Turismo de natureza
Na provincia lucense: A conquista de Foz IV, con actividades de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural; Aventura na Montaña IV, en Piornedo-Cervantes; A descuberta da Pobra do Brollón III, centrado no turismo de natureza e educación ambiental; e Xeocampamento nas montañas do Courel III, en Folgoso do Courel.
Así mesmo, a provincia de Ourense acollerá os minicampamentos Somérxete na natureza III, que se desenvolverá na Pobra de Trives; Acción no Arnoia III, no que os participantes coñecerán o patrimonio natural de Allariz e a súa contorna; e un novo que terá como aloxamento o albergue turístico de Laias en Cenlle e que levará por nome Ecoverán termal en Laias. Neste minicampamento desenvolveránse actividades de natación nas piscinas de Laias e deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño, ademais de visitas culturais na contorna e rutas de sendeirismo.
Por último, na provincia pontevedresa celebraranse as propostas Aventura en Paradanta III, en Covelo e centrado no desfrute do medio rural; Minicampamento Natura IV, en Sanxenxo e a nova proposta Aventura e natureza rural no concello de A Lama.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolleu a cerimonia da Xura de Bandeira Civil

Seguinte Nova

O Concello de Monforte convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss