As festas de San Antonio conservan a tradición das grandes festas dos barrios de Monforte

As festas de San Antonio, xunto coas de San Lázaro en Carude, son xa as únicas que se manteñen das que anos atrás formaban un nutrido calendario de eventos festivos que tiña lugar na cidade do Cabe. É de destacar que consigan manterse, que ano tras ano, un grupo de animosos veciños anímense a tratar de recadar fondos para que non se perda a tradición dunhas festas que durante moitos anos chegaron a competir en popularidade coas patronais. Entón o calendario festivo iniciábase co San Lázaro e o San José, nos barrios de Carude e no Viveiro. Coa proximidade do verán, era cando a tempada alcanzaba o seu apoxeo. Estaban as festas do Carmen na Estación, as de San Antonio e as de San Pedro, na Peña, as de San Juan nos Chaos. A finais dos anos 70, estas festas gozaban de gran popularidade e afluencia. Pero diso fai xa moito tempo, e agora vivimos nos tempos do metaverso, do spotify, das redes sociais e os videoxogos. Por iso ten máis valor o traballo dos ramistas para que perviva esta celebración. Procesións, venda de roscas, orquestras, pasacalles, tómbolas e coches de choque. E o cheiro a cordeiro dos fornos da zona. E as familias que se reúnen ao redor dunha mesa. Como ben sinala o Alcalde de Monforte, quen participou na tradicional procesión de San Antonio, “O San Antonio, que é festivo local no noso Concello xunto co Martes de Pascua, é unha festa que, celebrándose no centro da cidade, no barrio de San Antonio, mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes. Eu consideroas, como digo sempre, despois das de agosto como as segundas Festas Patronais da cidade ”. “Hai que ter en conta que o día 13 é festivo local e ademáis están ubicadas no centro da cidade e esto, posibilita a participación de todos os veciños de Monforte e tamén dos que nos visitan de fora da cidade. Vimos de pasar momentos difíciles, e a pesar de recuperar a normalidade xa hai uns meses, creo que todos temos ganas de compartir momentos de alegría coa familia e os amigos, de poder divertirnos todos xuntos, e este tipo de eventos propician moito que o podamos facer».
Tamén se acercou ás festas o delegado territorial de Lugo, Javier Arias. No día grande dos festexos, Arias lembrou que esta é unha das celebracións de maior antigüidade do municipio, e gabou o labor da comisión organizadora “por manter viva unha tradición que forma parte do patrimonio cultural de Monforte”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Serra do Courel é un dos espazos con maior diversidade da Península

Seguinte Nova

O Chantada Atlético xogará a final de Copa Deputación

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss