Campamento de voleibol no verán de Quiroga

Quiroga acollerá un campamento de verán de voleibol organizado pola Federación Galega de Voleibol en colaboración co Concello que terá lugar nas instalacións municipais do 16 ao 30 de xullo e vai dirixido a xogadores dende os 12 ata os 15 anos e de todos os niveis de experiencia. Haberá un programa completo de adestramentos e actividades co obxectivo de desenvolver as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais dos participantes. Ademais das sesións diarias de adestramento dirixidas por técnicos especializados, os participantes tamén terán a oportunidade competir nun torneo interno e gozar de actividades de ocio e tempo libre como rutas de sendeirismo ou actividades acuáticas.
As prazas para este campamento de voleibol son limitadas, polo que a Federación Galega de Voleibol recomenda a todos os interesados que se inscriban canto antes para garantir a súa participación gardando a preferencia de quenda por orde de inscrición.
O prezo de actividade será de 425 euros por quenda. As inscricións están abertas ata o 30 de xuño e poden realizarse mediante o formulario de rexistro, atendendo calquera dúbida no correo dtecnico@volei.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inaugurado o novo Cemiterio Civil de Quiroga

Seguinte Nova

O Concello de Bóveda convoca o concurso de carteis para a Feira Tradicional de ‘Outrora’

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss