Co obxectivo de formar a calquera cidadán nas competencias dixitais transversais máis básicas que lles permitan desenvolverse nunha sociedade en dixitalización crecente, o I.E.S. Lama das Quendas de Chantada foi designado como Centro de Capacitación Dixital para persoas adultas. O I.E.S. Lama das Quendas ofrecerá formación gratuíta aos cidadáns para axudarlles no uso das tecnoloxías na súa vida cotiá, así como nas relacións telemáticas coas administracións ou co centro de saúde, o manexo online de contas bancarias, a prevención de fraude online como o phishing ou a realización de videoconferencias. Con esta capacitación dixital tamén se busca abrir novas oportunidades de formación permanente e de aprendizaxe. Todo isto supón que se organizarán cursos de formación de capacitación dixital para persoas adultas, totalmente gratuítos, cunha duración de 30 horas, nos que poderán matricularse calquera persoa adulta que necesite este tipo de formación. Se algunha persoa está interesada nesta formación, pode solicitalo no centro achegando un impreso de reserva correspondente.
O inicio desta formación será a comezos de setembro de 2023, pero o prazo de reserva de praza xa está aberto.•