Á data de peche deste número de EnComún, a poucas días para que se abra o prazo para constituír as novas corporacións municipais, todo parece indicar que Claudio Garrido continuará como Alcalde de Sarria. As rifas persoais entre candidatos de Camiña Sarria e PSdeG, eliminan calquera posibilidade de acordo entre ambas as forzas, o que limita os posibles pactos a un acordo entre Camiña Sarria e o BNG. Con todo os nacionalistas, decidiron, non integrarse no equipo de goberno, e manterse na oposición. En todo caso, facilitarán a investidura da lista máis votada, neste caso, a de Claudio Garrido.
En Quiroga, o panorama era aparentemente máis complexo, unha vez que o Partido Popular perdía a súa maioría absoluta, coa aparición no panorama político de Independentes por Quiroga, con tres concelleiros. Os mentideros parece que apuntan a un acordo tripartito entre o partido independente do que sería novo alcalde, José Luís Rivera, con socialistas e BNG, para terminar coa hexemonía dos populares nos últimos 36 anos. En todo caso, en cuestión duns días teremos a confirmación desta información, pois desde o sábado ás 0 horas estará aberto o prazo para constituír as corporacións locais.•