Inaugurado o novo Cemiterio Civil de Quiroga

Acto de inauguración do novo cemiterio civil de Quiroga.
Foto C. Quiroga.

Esta pasada semana descubríase unha placa conmemorativa do novo cemiterio civil, posto que a pesar de que aínda quedan pequenos detalles por rematar, xa pode entrar en funcionamento como lugar de enterramento.
Levouse a cabo un acto sinxelo de inauguración á que non acudía ningunha autoridade, estaban representantes das distintas relixións que se procesan na comarca- católica, musulmá, evanxelista, testigos de Jehová e protestante- (posto que se trata dun cemiterio municipal no que terán cabida os enterramentos de calquera crenza relixiosa), o alcalde en funcións, Julio Álvarez, concelleiros e presidentes de asociacións en representación dos veciños. A inauguración realizábase unha vez que xa se pode dar uso ao solo mortuorio, a pesar de pequenos remates incluídos na obra contratada que non puideron realizarse polas condicións climatolóxicas no edificio aconfesional e no muro de peche, que si o tempo o permite – como matizou o rexedor local, Julio Álvarez – levaranse a cabo a vindeira semana. A dotación de mobiliario, sistema acústico,… da sala de culto sería traballo do que se encargaría o novo obradoiro de emprego. Julio Álvarez cifrou nun millón de € a inversión neste cemiterio contando os máis de 700.000 € do campo santo entre terreos e construción, e a parte da nova rúa que lle corresponde. O novo recinto mortuorio, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, cun local de culto aconfesional, 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos e dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un. Dende o novo recinto unha rúa en diagonal e unha serie de rúas facilitan o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo. Todo o cemiterio está pechado cun muro de formigón visto. Os interesados xa poden facer a reserva do terreo a través desta preinscrición, para que cada particular poida comprar nichos ou construír a súa sepultura, cumprindo a normativa aprobada para esta instalación. As preinscricións poden realizarse nas oficinas da casa consistorial, onde tamén se facilitará máis información ás persoas que o soliciten.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribas de Sil celebrou a súa tradicional Festa da Cereixa, o Viño e o Aceite

Seguinte Nova

Campamento de voleibol no verán de Quiroga

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss