Este Premio Internacional UNESCO-Bangladesh Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman para a Economía Creativa foi creado en 2020, conta cunha dotación de 50.000 dólares e recompensa as iniciativas excepcionais dun individuo, unha institución, entidade ou organización non gobernamental que deseñe e execute proxectos ou programas innovadores que promovan o espírito empresarial dos mozos na economía creativa. As candidaturas deben ser presentadas polos gobernos dos Estados Membros da UNESCO, en consulta coas Comisións Nacionais para a UNESCO e outras partes interesadas. Estas deberon presentarse en inglés ou francés antes do 10 de decembro de 2022, e a iniciativa gañadora deuse a coñecer este 6 de Xuño na 9ª Conferencia das Partes da Convención de UNESCO 2005 en París. O Camiño Creativo de Santiago resultou ser a única iniciativa nomeada de España pola Comisión Nacional UNESCO para este premio. Tras un longo proceso de 6 meses, iniciado a principios de decembro de 2022, foi superando a fase de Semifinais en marzo 2023, na que pasaron xa só 10 proxectos de todo o mundo e despois en abril 2023 chegou á fase Final, na que só 5 proxectos de todo o mundo lográrono.
O Camiño Creativo de Santiago é un camiño específico para emprendedores creativos que van desenvolvendo o seu Plan de Negocio a medida que percorren o Camiño de Santiago e celebrou os seus dúas primeiras edicións aproveitando o Ano Santo (2021.2022.), sendo O Camiño de Inverno o escollido pola organización. Foi unha iniciativa aprobada polo Consello Xacobeo e incorporada á súa programación oficial como evento de excepcional interese público e tamén incorporada na programación oficial da ONU no “Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible (2021)”.
Trátase dunha iniciativa ideada por España Creativa e impulsada xunto á Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (RECITCREA), cun obxectivo claro de impulsar o emprego e dinamizar o talento emprendedor, promovendo a creatividade e innovación. España Creativa celebrou en 2022, o seu Aniversario de 10 anos dedicados á Economía Creativa e fíxoo, ademais, do nomeamento deste premio, coa aprobación da súa Cátedra UNESCO en Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible, a primeira cátedra a nivel mundial de UNESCO nesta disciplina.
O Camiño de Inverno e de maneira especial os concellos da Ribeira Sacra, foron escenarios de múltiples actos e eventos organizados desde España Creativa neste peculiar Camiño de Santiago, O Camiño Creativo, cunha importante conexión e impacto coa poboación local.
Desde España Creativa, a súa presidenta, a monfortina Belén Elisa Díaz, quere aproveitar para dar o parabén á organización africana de mulleres empoderadas pola súa excelente iniciativa: Music Crossroads Zimbabwe que involucrou a máis de 200 000 mozos músicos e chegou a unha audiencia de máis dun millón de oíntes no sur de África. Á súa vez, Díaz manifestou que: “Estamos moi contentos e orgullosos de chegar ata aquí e cremos que será moi importante para o proxecto este recoñecemento. Ao mesmo tempo, que aproveitamos para agradecer a todos os emprendedores que participaron de maneira presencial e virtual nas dúas edicións celebradas ata a data, a todos os profesores das distintas universidades de España que asesoraron e impartiron os talleres para o desenvolvemento dos plans de negocio dos emprendedores, a todos os profesionais de recoñecido prestixio en distintos campos das industrias creativas que participaron e compartiron cos emprendedores a súa experiencia vital e profesional, tamén a todas as institucións que nos apoiaron que foron moitas, a todos os establecementos que nos acolleron ao longo do camiño cun trato excepcional, a todas as adegas que nos permitiron experiencias únicas, a todo o persoal técnico de acompañamento tanto ao longo do camiño como na posproducción polo seu excelente traballo».•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Os Orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para o vindeiro ano 2025, aprobados no pleno provincial
A Consellería do Medio Rural anunciou un catálogo de usos para o Val de Lemos, orientado
O Concello de Chantada levou a cabo importantes melloras nas infraestruturas do Polígono Industrial dos Acivros,
O evento propón unha reflexión sobre as novas tendencias na artesanía e o seu impacto no