O Concello de Monforte convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

O Concello de Monforte vén de anunciar a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2023/2024 do Concello de Monforte. Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 25.000 euros, despois de aumentar 5.000 euros máis o pasado ano 2022 para este concepto, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenten dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda, destaca o Alcalde.
Deste xeito, xa se poden solicitar estas axudas, para o cal os e as interesadas terán de prazo ata o luns 26 de xuño (20 días hábiles). A solicitude formalizarase a través do correspondente formulario normalizado, que terá que ir acompañado da documentación complementaria que requiren as bases. Toda a documentación requirida poderá ser presentada no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).
Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  2. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 60% IPREM mensual para o ano 2023 (360€/mes) en cómputo anual 12 pagas (4.320 € ano por persoa).
  3. Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
  4. Que a persoa solicitante estea ó día no pago das obrigas tributarias municipais ou no caso de ter débedas que exista compromiso de pagamento.
  5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
    A contía máxima das axudas é a seguinte:
  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para anotarse nos minicampamentos Coñece Galicia 2023, para nenos de entre 10 e 14 anos

Seguinte Nova

Foliadas Gúímaras polo San Xoan en Brollón

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss