O Servizo Público de Emprego Estatal implanta o sistema “Distrito único”

A subdelegada explicou que esta medida forma parte do Plan de Av@nce e Transformación, e redundará nunha mellor calidade do servizo prestado,. Foto GPSGL.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou que o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) vén de implantar na provincia de Lugo o sistema “Distrito único”, que posibilita que os usuarios do SEPE poidan pedir cita e ser atendidos en calquera das once oficinas de prestacións da provincia, con independencia do seu domicilio.
Tal e como indicou a subdelegada, ata o de agora, cada cidadán tiña asignada unha oficina en función do distrito onde tiña a súa residencia. Con este novo plan, as persoas usuarias que desexen realizar trámites de prestacións e subsidios xestionados polo SEPE poden solicitar cita previa en calquera das oficinas da provincia.
Os cidadáns poden solicitar cita, ben a través de Internet, na páxina web Cita Previa (www.sepe.gob.es ), ou ben por teléfono. Se o fai por Internet, o sistema móstralle as citas dispoñibles nas oficinas. Tamén se pode elixir o criterio de proximidade, segundo a distancia ao domicilio, e pódese escoller aquela que máis conveña.
Cada día, ás 9:00 horas, ábrense novas citas e o cidadán ten a opción de conseguir a que máis lle interese. O organismo ofrece atención física nas oficinas de emprego situadas en Lugo, Becerreá, Burela, Chantada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Camiño Creativo, finalista do Premio Internacional Unesco para a Economía Creativa

Seguinte Nova

O Museo de Olería de Niñodaguia estrea un “hall escape”

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss