Os bombeiros en folga

Foto MONTERO.

Os traballadores dos distintos Consorcios de Bombeiros da provincia de Lugo puxéronse en folga para reclamar melloras no servizo e denunciar as condicións de precariedade nas que traballan. Denuncian unha suma de incidencias que, consideran, puxeron especialmente en evidencia o déficit tanto de material como de persoal co que está a traballar este colectivo, o que prexudica non só ao propio persoal senón tamén á cidadanía, pois obriga a prestar o servizo en precario. Denuncian que esta situación obrígalles a realizar horas extraordinarias, e que foron xa denunciadas en días pasados. E no material, poñen como exemplo que un mes despois do importante incendio industrial nha nave no polígono de Vilalba, o parque de bombeiros siga sen contar cun vehículo de altura, que só estivo operativo dous meses nos últimos dous anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Graduación de Bacharelato no Daviña Rey

Seguinte Nova

María Gandásegui expón no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss