Un ano máis, Ribas de Sil vén de celebar a súa Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite, unha cita que chega a súa décimo novena edición exaltando a excelencia destes tres produtos que se producen no val do Sil.
Ademais de moito público que se acercou á ribeira do Sil, para disfrutar desta xornada festiva, o acto contou coa presenza do Presidente da Deputación José Tomé Roca, quen acompañado polo Alcalde Miguel Angel Sotuela, destacou a calidade destes emblemas autóctonos da gastronomía da Ribeira Sacra, e felicitou aos produtores e adegueiros “por lograr uns produtos únicos de altísima calidade, que se elaboran mantendo as técnicas tradicionais, ademais de que son a nosa mellor sinal de identidade levando o nome dos nosos territorios por todo o mundo”. O pregón correu a cargo do Doutor en Arqueoloxía nado en Torbeo, Luis Francisco López González.•