O Centro de Competencias Dixitais de Renfe abre as súas portas á poboación de Monforte de Lemos

A iniciativa pretende achegar á cidadanía a actividade do centro e dar a coñecer que implica a estratexia de deslocalización dos seus servizos

Especializado en operacións de ciberseguridade, o Centro de Competencias Dixitais conta xa con 10 empregados e é un referente na xeración de emprego novo. Foto MONTERO.

O luns 26 de xuño houbo unha xornada de portas abertas no Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte de Lemos. Con este acto a compañía quixo que a visita constituíse un achegamento e un paseo distendido polas instalacións, onde os traballadores do CCD puxéronse ao dispor dos cidadáns para dar a coñecer o día a día no Centro, e o que supuxo en impacto socioeconómico para a localidade a súa apertura e primeiro trimestre en activo.
Os visitantes puideron ser testemuñas da aplicación real para Renfe das tecnoloxías dixitais máis avanzadas da industria utilizadas para levar a cabo operacións de seguridade ferroviaria. Coincidindo co fin de curso escolar, preténdese que as mozas e mozos de Monforte, xa en idade de empezar a definir o seu futuro profesional, consideren o Centro como unha referencia á hora de optar a un emprego.
Esta visita permitiu aos mozos monfortinos coñecer de primeira man que, persoas con perfís tecnolóxicos cualificados poden desenvolver a súa traxectoria profesional e proxecto de vida sen saír da localidade. Un claro exemplo diso son os integrantes actuais do persoal, xa que algúns foron seleccionados grazas a convenios de colaboración con institucións locais e municipios próximos.
O público puido coñecer o funcionamento deste centro pioneiro en Europa: como se detectan, analizan e corríxense diferentes incidentes de ciberseguridade.
O Centro de Competencias Dixitais cumpre este mes de xuño o seu primeiro trimestre en funcionamento. A previsión é que, de forma progresiva, continúe crecendo e chegue a contar, entre 2023 e 2025, cun persoal de 35–40 profesionais altamente capacitados e certificados.
Adicionalmente, nun futuro, podería converterse nunha base para a creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario de Europa.

Rede de Centros de Competencias Dixitais
Renfe conta con 6 Centros de Competencias Dixitais repartidos por varias localidades con ampla historia ferroviaria. Ao CCD de Monforte de Lemos, súmanse o de Miranda de Ebro, especializado en xestión de aplicacións; Teruel, destinado ao mantemento de infraestruturas; os centros de Linares e de Mérida, específicos para a atención ao cliente, e o de Alcázar de San Juan, dedicado á robotización, análise intelixente de datos e automatización de procesos RPA (Robotic Process Automation).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Francisco Conde, presentado como número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso

Seguinte Nova

José Luís Rivera Castro tomou posesión como novo alcalde de Quiroga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss