O Alcalde de Monforte vén de anunciar que xa está publicada na plataforma de contratación do sector público, a licitación do proxecto de supresión de pasos a nivel dos puntos kilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña no término municipal de Monforte, que se corresponden cos citados pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.
Xa o pasado mes de maio, José Tomé informaba aos veciños e veciñas de Monforte, da recepción dunha comunicación da subdirección xeral de pasos a nivel e instalacións de protección e seguridade de ADIF, de que rematara o expediente para licitar a obra de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rio Seco, no término municipal de Monforte de Lemos, que inclúen 5 Novas Rúas, un Paso Inferior baixo a vía de ferrocarril de Monforte – Lugo, unha Rotonda e unha Ponte sobre o Rioseco.
Na citada información, tal e como explicou o Alcalde, José Tomé, o ADIF informaba tamén de que se producira un incremento do custe da obra, motivada pola actualización de prezos dos materiais de construción para obra pública, ascendendo o presuposto de licitación a 6.837.621,84 € que engadido ao 21% do IVE, ascende na súa totalidade a 8.273.522,43 €.
José Tomé continuou a concretar que “esta publicación na plataforma será completada coa publicación no Boletín Oficial do Estado, nos próximos días, de xeito que as ofertas das empresas para a execución das obras poderanse presentar ata o próximo 14 de xullo ás 13 horas”. “A previsión é que as obras queden adxudicadas dentro deste mesmo ano, para que a comezos do próximo ano poidan iniciarse as obras fisicamente, sobre o terreo, e quedar rematadas para entrar en servizo ao longo do ano 2025”. •
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou recentemente un proxecto para mellorar o Cemiterio Vello
O Concello de Bóveda acometerá melloras no pavillón polideportivo grazas a dúas subvencións da Xunta de
A Xunta de Galicia investiu 200.000 euros en mellorar o pavillón municipal de Ribas de Sil,
O Concello de Monforte de Lemos e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) veñen de formalizar un
A Xunta de Galicia e o Concello de Bóveda traballarán xuntos para mellorar a contorna do