Antonio Ameijide, novo portavoz popular na Deputación de Lugo

Grupo provincial do Partido Popular, coa presidenta do PP Provincial Elena Candia. FotoGPPP.

O grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo, vén de declarar que, «situado na oposición pola unión dos perdedores das pasadas eleccións locais, fará un traballo de control estrito do labor de goberno, pero tamén operará sempre con criterio positivo, sempre no camiño de defender os intereses dos lucenses, os intereses de Lugo2. Os populares anuncian unha «permanente escoita activa da sociedade lucense, para coñecer as súas inquedanzas, dificultades e aspiracións, co fin de levar a cabo as políticas máis acaídas para aportar as solucións adecuadas».
Como xa era coñecido, Antonio Ameijide será o portavoz do grupo popular. Sinala: “Hoxe iníciase unha nova etapa na Deputación Provincial de Lugo, na que queda claro que a opción maioritaria escollida polos lucenses foi a do Partido Popular, que non vai poder desenvolver o seu programa de goberno debido aos pactos entre os partidos perdedores das eleccións municipais de hai un mes”. Ameijide explica: “Dende o PP seguiremos traballando por e para a provincia de Lugo. Apoiándonos en todo o enorme traballo feito polos compañeiros do último grupo provincial do PP e dos anteriores, o grupo que comeza hoxe a súa andadura traballará todos os días arreo para que Lugo recupere o lugar provincial que merece dentro de Galicia e dentro do panorama nacional”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En proceso de licitación o proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

Seguinte Nova

I Festival Desenchufado en Garabolos, Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: