A excelencia dos viños e o seu carácter referencial, protagonistas da entrega de premios da XXVII Cata de Viños da Ribeira Sacra

O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, destacou tamén o «extraordinario labor» dos viticultores

José Luís Cabarcos participou na entrega de premios da Gala «Ribeira Sacra, Proxecto Común», celebrada no marco do 5º Festival do Viño da Ribeira Sacra. Foto MONTERO.

Do 29 ao 30 de xuño, o Parado de Monforte de Lemos acolleu a XXVII edición da Cata de Viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

«RIBEIRA SACRA, PROXECTO COMÚN» FOI O LEMA DESTA GALA
Un total de 65 mostras procedentes de 25 adegas desta certificación sometéronse á valoración do xurado, para determinar os mellores caldos desta convocatoria. Os viños competiron nas tres categorías de tintos, brancos e outras añadas, con medalla de ouro, prata e bronce para cada unha das dúas primeiras seccións, e tres ouros para a terceira. Rematadas as probas do panel de cata, tivo lugar o xantar e gala desta edición, baixo o lema «Ribeira Sacra, Proxecto Común», que contou coa presenza de representantes dos diversos axentes vinculados ao mundo do viño, así como de organismos, institucións e administracións.
A celebración deste evento tivo lugar no marco dos actos do quinto Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. Na gala de entrega de premios, o director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, destacou a excelencia dos viños da Ribeira Sacra e o seu carácter diferencial, que os converte en referentes no ámbito nacional e internacional.

MANTER A SINGULARIDADE DA VITICULTURA HEROICA
Cabarcos salientou tamén o extraordinario labor dos viticultores desta denominación de orixe, incluída da consideración de viticultura heroica. O representante da Xunta destacou tamén a importancia das variedades autóctonas e apostou por manter o seu cultivo, para que estes viños non perdan a personalidade propia e característica que os singulariza nos mercados.
O responsable do departamento autonómico referiuse á futura Lei da calidade alimentaria, que se converterá nunha nova panca de desenvolvemento para os consellos reguladores. Cabarcos precisou que na tramitación desta norma identificáronse varios retos de futuro nos que será fundamental a unión de todo o sector agroalimentario. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Éxito da quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Seguinte Nova

Francisco Conde: «O sector vitivinícola é estratéxico para a Ribeira Sacra»

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss