A Feira Guímara, de A Pobra do Brollón, chega a súa oitava edición

A Feira Guímara conmemora a revolta dos habitantes da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos cunha completa programación dende o mediodía ata a noite no campo da feira, ao carón do río Rubín.
A xornada arranca ás 13:00 co pregón a cargo da bailarina e actriz Merche Pérez e o escritor Manuel Ayán. Seguidamente, haberá unha representación escénica da obra O Piñeiro Máxico, a cargo do alumnado do curso de teatro infantil dirixido pola propia Merche Pérez.
Despois, tras a xa tradicional representación da revolta guímara a cargo da veciñanza, comezará un vermú animado pola agrupación Os Ministreles do Burgo. A programación continúa despois do xantar cun concurso de xogos populares que terá lugar de 17:00 a 19:00h. As persoas interesadas en participar nos distintos xogos (ra, tira soga e chave) deben anotarse previamente. Haberá categorías infantil e adultos.
Á noite, a partir das 21:00 h, empezarán os concertos, coa agrupación de música tradicional festeira Airiños da Freba, e o grupo de rock bravú de Chantada, Os Rastreros. Despois dos concertos, espérase que se forme foliada, polo que dende a organización animan aos asistentes a levar instrumentos.

Concursos de caracterizacións e estandartes
Nesta oitava edición da Feira Guímara haberá premios para as mellores caracterizacións e os mellores estandartes. A idea é que estean relacionados con lendas guímaras ou con calquera momento da historia da Pobra do Brollón. Hai varias categorías, individuais e colectivos, e infantís e adultos. Para participar é preciso inscribirse previamente. As caracterizacións e estandartes valoraranse o mesmo día da Feira e anunciaranse os gañadores ás 21:00 h, antes do comezo dos concertos.

Postos e comida
Ao longo da xornada da Feira haberá postos de artesanía e produtos locais, e tamén postos de comida. Para o xantar, haberá unha polbeira e ademais tres restaurantes da Pobra do Brollón (Bar Avenida, A Vella Taberna e O Primeiro de Maio) ofrecerán menús para levar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XXXIV Rota do Románico de Pantón despediuse con música

Seguinte Nova

Veciños de O Saviñao solicitan o cambio de ubicación das antenas de telefonía movil en Escairón

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Pili Chaos

Fotógrafa e curiosa por natureza, Pili Chaos inaugura o vindeiro 1 de abril a súa exposición «Emoción en clave», que aborda a
Ir aInicio

Don't Miss