Ana Pontón, insistiu en Monforte, na necesidade de “contar cun grupo galego forte no Congreso

Destacou que até o CIS avanza que Lugo contará cun deputado do Bloque Nacionalista Galego

Ana Pontón, no mitin de Monforte. Foto MONTERO.

Aínda estamos a nos repoñer de todo o proceso das pasadas eleccións municipais, coas corporacións recentemente constituídas, saturados de soflamas, mensaxes, propostas e iniciativas e alternativas varias, cando xa temos en marcha unha nova campaña electoral. É verdade que algunhas caras cambian, e tamén os formatos e os discursos, é verdade que as xerais non son como as municipais, pero con todo, e máis aló de que este adianto electoral poida considerarse ou non un acerto estratéxico de Pedro Sánchez, que iso o tempo dirao, hai un pouco de saturación no ambiente. Aínda están a quitar a cartelería anterior, e xa en nada teremos as novos lemas dos candidatos. E novos mitins. É un pouco un Dejá Vu.

ANA PONTÓN EN MONFORTE
E esta semana Monforte xa se estreou coa visita de Ana Pontón, quen destacou no que este 23 de xullo o BNG volve saír a por todas desde o convencemento de que é posible un grupo galego forte no Congreso, do que Daniel Castro formará parte como deputado e colocará Lugo no mapa facendo valer os intereses desta provincia ante o Goberno do Estado.
“Fronte aos que din que non, que non se pode, este 23 de xullo o BNG vai demostrar que si, que imos facer posible que Lugo teña voz e voto cun deputado do Bloque que, fronte á procesión dos caladiños da forzas estatais, faga respectar Lugo en Madrid, faremos historia con Dani Álvarez como deputado para defender os intereses de Lugo”, recalcou, en referencia ao cabeza de lista ao Congreso.
Neste sentido, Pontón ironizou sobre o feito de que mesmo o CIS confirma hoxe que o BNG obterá escano por Lugo, “é unha enquisa pero xa sabedes que somos especialistas en romper as enquisas”, destacou, instando á cidadanía a votar coa cabeza e o corazón en Galiza.
“Cando nos dicían que non íamos ser a alternativa ao PP, demostramos que si, e hoxe o Bloque está máis cerca que nunca de chegar á Presidencia; cando nos dicía que non íamos ser a forza que máis subira nas municipais, demostramos que si e o 23 de xullo volveremos demostrar que nada é imposible e que Galiza terá un grupo galego forte para facerse respectar en Madrid, porque cada vez son máis os galegos e as galegas “fartas” da discriminación das forzas estatais. Pontón subliñou o moito que Lugo e Galiza se xogan na cita coas urnas e apelou a todas as persoas “que lle queren” ao País para dicirlles que “non é momento de votar polo mal menor, nin por medo; ao contrario, pídolle a todos galegos e ás galegas que o 23X voten con ilusión e con esperanza por un grupo galego forte, sabendo que o BNG non lles vai fallar”, recalcou. Insistiu a portavoz nacional do BNG, que non serán as forzas estatais, que din unha cousa aquí e a contraria en Madrid, as que que defendan un tren do século XXI, a tarifa eléctrica galega; investimentos xustos ou máis xulgados de violencia de xénero; porque actúan como sucursais de Génova e Ferraz. Por iso, , un só deputado do BNG, foi máis útil que os 22 restantes logrando, por exemplo, a electrificación do tren entre Lugo e Ourense.

Lugo, claro que si!
Pola súa parte, Daniel Castro tirou de humor para deixar claro que este 23X Lugo vai pasar da pregunta do “e si conseguimos deputado por Lugo ao, Lugo claro que si! sumando tamén Lugo ao grupo galego forte, e para conseguilo apelou á xente moza, “Temos que ser ese punto extra ese acelerón que encha as urnas de votos BNG”, subliñou, instando a mobilizarse.
“Aínda que sexa verán, temos que dicirllo a todo o mundo que ese deputado é posible, facer campaña na praia, na piscina, na terraza, onde sexa”, reclamou convencido de que votar BNG é un win, win, unha aposta segura na que sempre ganan os galegos e as galegas”.
Castro considera “perfectamente posible e necesario” que Lugo teña un deputado do Bloque para defender os intereses desta provincia no Congreso, despois de ver como pasan os anos e os gobernos do Estado, “uns máis vermellos, outros máis azuis seguen esquecéndose de Lugo, das súas infraestruturas, e dos servizos que precisa, esquecéndose de que a xente moza emigra”, denunciou, “a maneira de darlle a volta a este guión e apostando polo BNG para darlle unha voz forte a Lugo en Madrid”, concluíu.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aprobada a estratexia galega de saúde comunitaria

Seguinte Nova

Novo servizo de transporte en microbús lanzadeira

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss