Aprobada a estratexia galega de saúde comunitaria

O Consello da Xunta aprobou a Estratexia galega de saúde comunitaria en Atención Primaria 2023-2027.
Fotos GPXG..

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de informar que o Consello aprobou a Estratexia galega de saúde comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 co obxectivo de “reforzar as accións para mellorar a saúde desde Atención Primaria e incrementar a formación dos sanitarios neste eido”. O Executivo galego ten previsto investir 1.425.000 euros para o desenvolvemento desta Estratexia que está composta por 4 liñas estratéxicas, 13 obxectivos e 36 accións.
Rueda explicou que esta Estratexia enmárcase no traballo realizado desde hai anos pola Xunta para “impulsar accións de saúde comunitaria” en Galicia, é dicir, que os centros de saúde colaboren con entidades da súa contorna para “mellorar o control das patoloxías crónicas, fomentar bos hábitos alimenticios, a actividade física ou reducir o risco de enfermidades de transmisión sexual ou adicións”.
Ademais de potenciar estes proxectos de promoción da saúde, a estratexia tamén inclúe diferentes accións vinculadas co reforzo da docencia e a investigación en atención primaria para o ámbito da saúde comunitaria. Concretamente, prevese aumentar a oferta formativa relacionada coa saúde comunitaria que está dirixida aos profesionais de atención primaria e, especialmente, ao persoal residente en formación.
Así mesmo, promoverase a presentación de proxectos de investigación a convocatorias, reunións científicas e premios relacionados coa saúde comunitaria en atención primaria.
Tamén se fomentará a publicación de proxectos e experiencias sobre intervencións comunitarias desenvolvidas desde os centros de saúde. Por último, organizarase anualmente unha xornada científica sobre a orientación comunitaria da atención primaria.
Prevese, así mesmo, a elaboración dun protocolo de prescrición social de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade.
Ademais, propóñense numerosas accións de comunicación para colectivos específicos e para a poboación en xeral. Inclúense accións específicas relacionadas coa evolución dos sistemas tecnolóxicos para facilitar o traballo comunitario desde os centros de saúde.
Con esta estratexia preténdese, por un lado, facilitar o deseño e a implementación de intervencións comunitarias aos profesionais de primaria que se inicien neste ámbito, e por outro, impulsar as que xa se viñan realizando. Todo iso co obxecto de influír positivamente no estilo de vida e nos determinantes sociais da cidadanía galega.
Sanidade remarca que as actividades comunitarias realizadas nun determinado territorio coa participación da súa poboación, promovendo a mellora no estado de saúde da mesma, incrementan a súa calidade de vida e o seu benestar e mesmo potencian a capacidade das persoas e grupos para a abordaxe dos seus propios problemas e demandas ou necesidades.

Liñas estratéxicas
A primeira das liñas estratéxicas recollidas neste documento é reforzar a estrutura organizativa da saúde comunitaria, implementando as medidas organizativas necesarias para promover a orientación comunitaria dentro da actividade habitual da atención primaria.
A segunda das liñas é facilitar ferramentas e recursos para a atención comunitaria.
A terceira liña céntrase en desenvolver os tres niveis de orientación comunitaria (educación sanitaria do paciente, dun grupo de pacientes e da poboación en xeral) cun enfoque de equidade. En cuarto lugar, téntase impulsar a innovación e o coñecemento en saúde comunitaria, favorecendo a investigación e difusión de resultados para a súa mellora continua.
A orientación comunitaria da atención primaria trae consigo un cambio de paradigma que supón a evolución dunha atención sanitaria centrada na enfermidade a outra centrada nas persoas e no seu contexto social. Así, moitos dos problemas de saúde que afectan a poboación teñen a súa orixe nos determinantes sociais e fronte a eles o máis efectivo é unha abordaxe intersectorial e multidisciplinar, a través de intervencións comunitarias que teñen un alto impacto sanitario e social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pladesapu e Esperta Monforte denuncian novas incidencias no Centro de Saúde de Monforte

Seguinte Nova

Ana Pontón, insistiu en Monforte, na necesidade de “contar cun grupo galego forte no Congreso

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss