Christian Merli, actual líder do Campionato de Europa de Montaña, estará na Subida a Chantada

Foto FIA.

Xa estamos ás portas da tradicional Subida a Chantada, que este ano chega á súa 49 edición, e disputarase os días 14, 15 e 16 de xullo. E trae novidades. Entre elas, a cobranza dunha entrada de 5 euros. Unha medida que, segundo a organización, faise necesaria para abordar unha proba destas características, e piden comprensión aos afeccionados.
“O alto custo de organización dunha proba destas características fai que cadrar os orzamentos sexa sempre moi difícil. Co apoio das institucións e patrocinadores avánzase moito, pero sempre é insuficiente para lograr pechar as contas” comenta Alfonso Viana, o presidente do comité organizador da cita do Campionato de España de Montaña.
“Somos conscientes de que hai afeccionados aos que non lles agrada o ter que pagar por gozar dunha proba automobilística, pero teñen que ser consecuentes de que o gran espectáculo do que van gozar é moi custoso en todos os apartados para o organizador e que é precisa esa colaboración económica. Serán 5 euros, algo que cremos non deixa de ser un prezo simbólico que virá moi ben á organización para poder cubrir os custos” remata o responsable da Subida a Chantada. Por contra, a organización xa confirmou que tanto Christian Merli como Alexander Hin xa están inscritos con senllas Osella FA 30. O italiano Christian Merli é o actual líder do Campionato de Europa de Montaña, e é que o piloto de Trento logrou a vitoria en todas as probas disputadas ata a data nese certame esta tempada, sendo no campionato continental un directo rival do español Joseba Iraola que se espera estea tamén presente en Chantada os días 14, 15 e 16 de xullo próximos. Tamén realizou a súa inscrición o alemán Alexander Hin, outro deportista de talla internacional que ocupa a cuarta posición na táboa continental con outra Osella FA 30. A presenza dos mellores pilotos europeos e nacionais de montaña dará un aliciente moi especial á 49 Subida a Chantada, converténdose así nunha proba de máximo nivel de competitividade e sobre todo de espectáculo, o poder gozar no ascenso pola ribeira chantadina.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entregados os premios aos mellores do deporte monfortino 2023

Seguinte Nova

Obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss