Comeza a tempada dos paseos en barca polo Cabe

Ata o 30 de setembro o río Cabe será escenario dunha das máis tradicionais propostas no verán da cidade, os paseos en barca polo Cabe, unha actividade que está organizada polo Concello de Monforte coa colaboración da Deputación e o Clube de Piragüismo Quixós. Como ben sinalou o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, no acto de presentación, trátase “dunha actividade que conta con moita aceptación tanto entre os monfortinos e sobre todo, nas persoas que nos visitan durante estes meses de verán”. “Os paseos en barca polo río Cabe”, continúa o Alcalde, “xa son durante os meses de verán un referente na programación cultural da cidade e un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época”.
O punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custará 3,25 euros. Os horarios son os seguintes:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas.
  • Sábados, domingos e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.
    Tomé Roca descou “a recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo servizo de transporte en microbús lanzadeira

Seguinte Nova

Clases de baile para ampliar a oferta do Estudo Museo de Modesto Trigo

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: