Preto dun cento de nenos e nenas comezaron estes días as actividades dos campamentos de verán que organiza o Concello de Quiroga.
ÚTIL PARA AS FAMILIAS
O programa desenvólvese en espazos adaptados ás idades dos participantes, nas instalacións da Casa da Cultura, a Ludoteca e o Centro Social. Ademais de ofrecer unha alternativa de lecer aos escolares logo do remate do curso, esta iniciativa pretende ser útil ás familias cando as nais e os pais teñen que traballar.
Os campamentos de verán ofrecen actividades variadas, como obradoiros, xogos, manualidades e tempo de piscina, de luns a venres desde as dez e media ata as dúas menos cuarto.
MÁIS HORARIO QUE EN ANOS ANTERIORES
Este horario ampliouse respecto a anos anteriores, comezando media hora antes e saíndo un cuarto de hora máis tarde. O programa rematará o 31 de agosto. •