Entregados os premios aos mellores do deporte monfortino 2023

Os premiados na Gala do Deporte 2023 posaron para a foto de grupo no acto celebrado na Casa da Cultura de Monforte.
Foto MONTERO.

A finais de xuño, Monforte celebrou a Gala do Deporte 2023 para recoñecer aos protagonistas do ano nas diferentes disciplinas e ámbitos deportivos, poñendo en valor o seu esforzo e dedicación.

«BO MOMENTO» DO DEPORTE MONFORTINO
No evento, o alcalde, José Tomé, destacou «o bo momento» que se está a vivir no deporte monfortino, grazas á «boa materia prima de nenos e nenas, rapaces e rapazas que teñen unhas excelentes cualidades para a práctica deportiva». O alcalde tamén gabou «o bo traballo dos clubs, dos directivos e das familias» para facer posible os logros dos deportistas locais, «que nos fan desfrutar dun bo número de modalidades deportivas, dentro das posibilidades das nosas instalacións». Neste sentido, o rexedor local lembrou as actuacións que dende o Goberno local se levaron a cabo para mellorar as infraestruturas e servizos deportivos. Tomé citou as melloras nos campos de fútbol ou das obras de reforma integral do pavillón polideportivo de A Pinguela, «que suporán unhas novas instalacións deportivas máis modernas, e máis adecuadas para e eventos deportivos, e sobre todo, máis respectuosas co medio ambiente».
Na entrega de premios, ademais do alcalde, tamén estiveron presentes e participaron a primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, de Sanidade, Pilar Espinosa, de Cultura, Marina Doutón, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, así como diversos membros da Corporación municipal.

RÉCORD DE CANDIDATURAS
En total, foron 32 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nas categorías de deportistas, adestradores, árbitres e Clubs do ano 2022 o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas. Os premios aos deportistas corresponderon a Daniel Arean Grejs (mellor deportista masculino absoluto); Noa Díaz Quintián (mellor deportista feminina absoluta); Diego Expósito Díaz (mellor deportista promesa masculino) e Andrea Gudín Pérez (mellor deportista promesa feminina). Noutras categorías, foron recoñecidos Miguel Ángel de la Gama Serrano (mellor adestrador); Laura Correas Martínez (mellor árbitra); Club Taekwondo Neka (club máis destacado na promoción do deporte); Club Natación Monforte (mellor equipo de categoría absoluta); C.B. Val de Lemos Cadete Masculino/Mixto (mellor equipo de categoría de base); C.B. Val de Lemos (premio á deportividade e xogo limpo).
RECOÑECEMENTOS A TRAXECTORIAS VINCULADAS AO DEPORTE LOCAL
Fóra de concurso, o xurado da Gala do Deporte 2023 outorgou un recoñecemento a Manuel Luís Vázquez Vázquez polos anos de adicación ó coidado do Pavillón Polideportivo da Pinguela; a Mariluz Parada Rodríguez, pola súa labor directiva como presidenta do Clube de Fútbol Monforte, e a Juan Luis Rodríguez Doce, polos anos de dedicación ó fútbol local.
Por último, concedeuse un recoñecemento a Consuelo Vara Touzón, pola súa labor como pioneira do voleibol local, aínda que non puido asistir á Gala por problemas de saúde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O acordo entre PSdeG e BNG, leva a José Tomé Roca á presidir a Deputación con Efrén Castro como Vicepresidente

Seguinte Nova

Christian Merli, actual líder do Campionato de Europa de Montaña, estará na Subida a Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss