Francisco Conde: “Con Feijóo presidente,o futuro de Altri xa estaría garantido»

O número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, asegurou nunha reunión con alcaldes e portavoces da comarca da Ulloa, que o futuro da empresa Altri en Palas de Rei “xa estaría garantido de estar Feijóo no Goberno”. Nese sentido, engadiu que “se goberna Alberto Núñez Feijoo, gaña Lugo e gañamos todos”.
Conde recalcou que o Partido Popular, ao igual que a Xunta de Galicia e que a propia Altri, teñen amosado desde o primeiro momento a súa máxima implicación para conseguir que a fábrica de fibras téxtiles sostibles sexa unha realidade na provincia de Lugo, un proxecto realmente transformador a nivel industrial e social.
ALTRI QUERE EXECUTAR O PROXECTO
A compañía portuguesa Altri, quere executar o proxecto en Galicia, pero estase atopando cunha realidade:” o Goberno de Pedro Sánchez non concedeu os fondos europeos que precisa a iniciativa para a súa construción e posta en marcha, cando o Executivo portugués xa ten comprometido fondos europeos para as novas iniciativas industriais de Altri no seu país”. Neste sentido, “Sánchez incumpre unha vez máis a súa palabra, pois case un ano despois da súa reunión co presidente da Xunta de Galicia na que se comprometeu a apoiar o proxecto de Altri, non hai resposta nin un posicionamento a favor deste proxecto”, explica Conde. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte bonifica o 95% do ICIO a Oviganic Ibérica

Seguinte Nova

Pladesapu e Esperta Monforte denuncian novas incidencias no Centro de Saúde de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss