Monforte convértese na capital do cine fantástico nunha edición do Fancine de Lemos que xira arredor da película «El exorcista»

Esta semana Monforte convértese na capital galega do cine fantástico, co desenrolo dunha nova edición do Fancine de Lemos. O acto inaugural desta nova edición tivo lugar o pasado día 5 na Casa da Cultura, contou coa presenza da concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón e polo director deste Festival, o monfortino Iván Patiño, así como pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada. Tamén estivo presente Marian Salgado actriz de dobraxe que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español, e que recibiu o Premio de Honra do Fancine 2023, pois este ano e o festival está adicado á película “O Exorcista” na conmemoración dos 50 anos da súa presentación. Marian Salgado é unha das mulleres fundamentais na historia do fantaterror español. Como non lembrar a terrorífica voz da nena do Exorcista na versión da película en español. Para os que non a viron, e tamén para os se atrevan a volver a vela, o Fancine de Lemos proxéctaa o domingo 9 de xullo ás 22 horas, xusto despois do pase das curtas gañadoras, no que será a clausura desta edición. Antes, o venres e o sábado continuarán as actividades programadas, coa sesión oficial de curtametraxes, Unicorn Wars , a proxección dunha película sorpresa este venres pola noite, as «curtas curtas» e a gala de clausura e entrega de premios o sábado na Casa da Cultura Lois Pereiro. •
Fotocomposición EnComún+ FOTO MONTERO

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Veciños de O Saviñao solicitan o cambio de ubicación das antenas de telefonía movil en Escairón

Seguinte Nova

O acordo entre PSdeG e BNG, leva a José Tomé Roca á presidir a Deputación con Efrén Castro como Vicepresidente

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss