Pladesapu e Esperta Monforte denuncian novas incidencias no Centro de Saúde de Monforte

Fotos ARQUIVO.

Tanto a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da zona sur de Lugo, como Esperta Monforte, fanse eco dunha nova incidencia no Centro de Saúde de Monforte. Desde Pladesapu denuncian que o venres 23, tras un fallo na rede de suministración eléctrica producíronse avarías moi importantes en diferentes aparatos electrónicos, que impediron a realización de moitos dos servicios que diariamente se fan: tiveron que derivarse os controis de sintrom ao hospital (sobre unhas 60 persoas) e tamén moitas analíticas, provocando o desplazamento de moitos usuarios, o ascensor non funcionou, as neveiras estropeadas arriscando a viabilidade das vacinas que deben estar a unha temperatura en concreto, ordenadores que non funcionan, citas que non se poden dar, chamadas sen recibir, etc. provocando ademais do retraso na atención, o enfado colectivo da poboación e grandes molestias para ser atendidos correctamente. E non houbo solución ata o día 29, perto dunha semana despois. Esperta Monforte, califica como «inaceptable que téndose producido esta situación o venres, se deixara pasar toda a fin de semana sen actuar, provocando cambios de citas, inadecuada atención a pacientes, persoal do ambulatorio tendo que subir a baixar a xente polas escaleiras pola falta de ascensor, etc. Esta situación amosa unha absoluta deixadez de falta de vontade por facer nada por parte da administración. Non é de recibo que nun centro de saúde se deixara pasar unha fin de semana sen facer unha reparación adecuada da electricidade e demáis sistemas informáticos para poder dar servicio aos pacientes». Pola súa banda, Pladesapu, recalca que é » vergonzoso e que despois dunha fin de semana e case unha semana completa, a día 29, aínda non estaba solucionado o problema, só foi valorado por un informatico e colocado un dispositivo de control de tensión eléctrica ademais dalgún ordenador arranxado. Mantíñanse moitos aparellos avariados, entre eles o ascensor, impedindo o acceso ao resto das plantas por parte dos usuarios con mobilidade reducida, ordenadores aínda estan sen arranxar e que obrigan a moitos medicos a pasar consulta incluso na sala de reunións, vacinas desbotadas ao perderse a cadena de frío por completo co cal os nosos nenos deben esperar para ser vacunados ata que poidan ser repostas retrasando o restos de vacinas do calendario vacunal, as novas pautas de sintrom deben recollerse no hospital xa que non hai impresoras e a todo isto debemos sumar os contínuos cortes de luz que se están a producirse».
Esixen «a implicación directa no mantemento dos centros de saúde de toda a zona sur que ademais da falta de persoal acuciante que segue sufrindo, agora ten que facer fronte a deixaded por parte do Sergas ante a calidade e revision das súas instalacións e do material que nestes se manexa».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Francisco Conde: “Con Feijóo presidente,o futuro de Altri xa estaría garantido»

Seguinte Nova

Aprobada a estratexia galega de saúde comunitaria

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: