Preto de 30 deseños competiron para anunciar a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora

Presentación do cartel da XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora. Foto GPCB..

O castellonense Alfonso Giménez Ventura foi o gañador do concurso de carteis que convocou o Concello de Bóveda. O deseño premiado anunciará a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora, que terá lugar o vindeiro 14 de xullo.
A convocatoria recibiu preto de 30 traballos, procedentes da comarca e de Galicia, así como tamén doutros puntos de España e incluso do estranxeiro, xa que se rexistrou un envío procedente de Francia.
O gañador, Alfondo Giménez Ventura, natural da localidade de Betxí (Castellón), é deseñador e artista de carteis, con premios en concursos como o da Semana Santa de Teruel, o das Festas Patronais de Navarra ou da Festa Major 2022 de Valldoreix de Barcelon, entre outros. Polo recoñecemento de Bóveda, o autor recibirá un premio de 400 euros. O resto dos traballos participantes integrarán unha exposición no Centro Sociocultural. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova páxina web para os Museos de Quiroga

Seguinte Nova

Éxito da quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: