Veciños de O Saviñao solicitan o cambio de ubicación das antenas de telefonía movil en Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao acaba de solicitar á empresa Vodafone-España o cambio de localización das antenas de telefonía móbil da localidade de Escairón. A asociación transmite esta reiterada petición veciñal, por ser considerada dita instalación unha ameaza para a saúde e é que consideran que existe unha alarma na poboación como consecuencia de por a contabilización duns 20 casos de cancer entre a veciñanza dun perímetro de 400 m das antenas, o que supera a prevalencia estimada no Estado. O tema vén de longo, pois xa en 2004 entréganse 150 firmas á Alcaldía solicitando a súa retirada. Posteriormente, en 2011 e coincidindo coa caducidade do contrato, a Asociación Veciñal do Saviñao solicitou de novo á Alcaldía o cambio de localización da instalación, pero o permiso é renovado de novo coa mesma localización.
Despois deste historial de reclamacións veciñais, desde a Asociación esperan que se dea solución a esta petición e Vodafone atenda dunha vez esta preocupación social.. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Feira Guímara, de A Pobra do Brollón, chega a súa oitava edición

Seguinte Nova

Monforte convértese na capital do cine fantástico nunha edición do Fancine de Lemos que xira arredor da película «El exorcista»

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss