A asemblea de traballadores acorda mobilizarse contra o desmantelamento do Hospital de Monforte

A asemblea de traballadoras e traballadores do Hospital de Monforte convocada pola CIG-Saúde o mércores da pasada semana acordou iniciar mobilizacións contra desmantelamento do centro hospitalario, reclamar un reforzo de persoal e que se cubran todas as vacantes de especialistas.
A primeira das protestas tivo lugar oeste xoves, 20 de xullo, cunha concentración ás 12h diante do hospital.
A CIG-Saúde promoveu a asemblea e a convocatoria de mobilizacións ante a gravidade «do que está a pasar, sobre todo para a cidadanía». «Temos que evitar que se siga desmantelando o hospital deste xeito», salientan, e por iso a central nacionalista fai un chamamento tanto ao persoal como a veciñanza de Monforte para que se sume ás movilizacións.

UNHA GRAN MANIFESTACIÓN
Neste camiño, na asemblea tamén se acordou convocar a Xunta de Persoal para recoller o maior número de apoios ás accións que se leven a cabo, dirixirse ao Concello para que convoque o Consello de Saúde e contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para que apoien as movilizacións, e para promover unha gran manifestación á volta do verán «ante a deriva que está tomando do hospital».

CARENCIAS DE ESPECIALISTAS
No relativo ás carencias de especialista, que a CIG-Saúde leva meses denunciando, Vicente Vázquez lembrou que faltan dúas hematólogas -repartíndose o seu traballo entre diversos profesionais-; non hai especialista de dixestivo -faise cargo destas consultas medicina interna-, nin tampouco de rehabilitación. Neste caso, apunta, «o único que hai son uns protocolos feitos polo persoal de rehabilitación de Lugo en consenso co de fisioterapia, pero descoñecemos quen fai o seguimento dos/as doentes, nin se funciona o tratamento ou quen lle dá a alta».

DERIVACIÓN DE DOENTES A CLÍNICAS PRIVADAS
Advirte que se están derivando moitos/as doentes á privada, concretamente ao Polusa, sen ter en conta os trastornos que estes desprazamentos a Lugo lle provocan ás persoas doentes. E por non fora abondo, «seguimos sen ter especialista en neuroloxía propio (veñen do HULA), ao igual que o cardiólogo e dúas pediatras».

CARGA DE TRABALLO ADMINISTRATIVO
Según o representante sindical da CIG-Súde, este déficit de profesionais acaba repercutindo tamén sobre o persoal administrativo, «xa que teñen que reprogramar todas as citas suspendidas da maior parte destes servizos. O persoal está totalmente desbordado, porque xa tiñan traballo dabondo e agora teñen que reprogramar todas as citas tanto de hematoloxía coma de rehabilitación e aínda por enriba cando piden un día non os cobren».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

«Con Pedro Sánchez e José Tomé, Monforte é o modelo de desenvolvemento da Galicia Interior»

Seguinte Nova

Xa está en marcha o servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais destinos da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss