«Con Pedro Sánchez e José Tomé, Monforte é o modelo de desenvolvemento da Galicia Interior»

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo xunto co Alcalde, Presidente da Deputación e Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, un encontro co tecido empresarial monfortino.

José Ramón Gómez Besteiro e José Tomé, durante a visita a unha das empresas do Polígono do Reboredo. Foto PSdeG..

“Con Pedro Sánchez e José Tomé, Monforte converteuse no modelo de desenvolvemento da Galicia interior”. Así o manifestou o cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que mantivo a pasada semana, xunto co Alcalde, Presidente da Deputación e Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, un encontro co tecido empresarial monfortino.
“Monforte está vivindo un enorme auxe industrial, en infraestururas e turístico, e medra como se merece, grazas ás políticas dos Gobernos socialistas do Estado e do Concello”, asegurou Besteiro, que estivo acompañado pola número 2 ó Congreso, Patricia Otero, e polo candidato ó Senado César Mogo. Como exemplos, Gómez Besteiro puxo a ampliación do polígono industrial do Reboredo a máis do dobre da súa extensión tras esgotarse as parcelas, a creación do centro de ciberseguridade de Renfe, pioneiro en Europa, ou a implantación de firmas punteiras como Kern Pharma. “Este é o resultado dunha xestión que fai de Monforte un referente en crecemento e dinamismo que crea emprego e contribúe de maneira moi importante a asentar poboación”. E, fronte a isto, a nula política industrial da Xunta, que ten os cartos e as competencias, pero non fai nada”.
O Goberno de Pedro Sánchez inxectou na cidade do Cabe 20M€ en investimentos directos para infraestruturas e servizos, ao que hai que engadir o presuposto histórico de 546M€ que dedica para a modernización da liña ferroviaria Monforte-Lugo-Ourense.
O parque empresarial foi a primeira parada dos socialistas, onde coñeceron a actividade e instalacións de Fenestra, empresa relacionada coa industria do aluminio, que se encontra en pleno crecemento, con novos investimentos previstos e a creación de máis empregos. Tamén visitaron a láctea Oviganic Ibérica (antiga Danone), tamén en fase de expansión cun investimento de case 20M€, e Ramiro Vila e Hijos, firma de mecanizados de fabricación de maquinaria e componentes industriais destinados á exportación nacional e internacional.
Tras a visita ó polígono, os candidatos ao Congreso e ao Senado e o Alcalde mantiveron un xantar de traballo cunha trintena de directivos e representantes do tecido empresarial de Monforte relacionado coa industria, o comercio, a hostalería e o mundo do viño, e tamén coñecerán diferentes establecementos integrados no Centro Comercial Urbano.
O número 1 da lista socialista ó Congreso destacou que o Goberno de Pedro Sánchez “puxo de novo a Monforte e ao conxunto da provincia de Lugo no mapa das infraestruturas do Estado, de onde o borrou o PP cando gobernou en Madrid”.
Así, «mentres o PSOE de Pedro Sánchez impulsa cun investimento histórico de 546M€ a modernización do tren para que a Alta Velocidade chegue a Lugo, o PP ten varado o Porto Seco dende hai décadas, o símbolo do desprezo de Feijóo e Rueda á Galicia interior”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Merli o máis rápido, mentres Joseba Iraola vence no Campionato de España de Montaña

Seguinte Nova

A asemblea de traballadores acorda mobilizarse contra o desmantelamento do Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss