Posta en valor da artesanía na XIX Feira Outrora Rubián-Bóveda

.• A XIX Feira Outrora de Rubián-Bóveda tivo como protagonista á cultura popular galega a través dos oficios. Dentro do programa, o Concello organizou catro obradoiros co apoio da Xunta, co fin de poñer en valor os oficios artesanais e visibilizar a marca Artesanía de Galicia. Os artesans María José Martínez e José Antonio Carrera, de Artesanía Chuschús, impartiron un obradoiro de encadernación á xaponesa e outro sobre gyotaku e transfer. Na primeira técnica, emprégase o peixe como prancha de gravado e a segunda é unha impresión sobre madeira. O ceramista Carlos San Claudio encargouse dun obradoiro de torno oleiro. Por último, a artesá Leonor Díaz, de Como pez en el agua, dirixiu un taller de pintura sobre madeira.
Ademais dos xogos interxeracionais e a festa da espuma, a xornada festiva animouse co Grupo de Gaitas Municipal de Bóveda, Amigos da Pandeireta de Monforte e o concerto na Capela de Xoán Curiel, e á noite cunha sesión a cargo do DJ Vizcaíno.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agromuralla acusa ás industrias lácteas de «aumentar os seus beneficios estrangulando aos productores»

Seguinte Nova

Do 18 ao 21 de agosto, Pantón é troula e música, co Trece Roeis Fest e as Festas de Ferreira

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss