Xa está en marcha o servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais destinos da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de poñer en marcha no verán de 2023 a proba piloto do servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais recursos do destino, como medida para evitar os habituais problemas de estacionamento en embarcadoiros, mosteiros ou áreas de ocio con elevada afluencia de visitantes.
Recentemente, o organismo recibiu o Plan de Acción do Plan de Mobilidade Sostible Ribeira Sacra (PMS), o cal, entre outras cuestións, recolle as problemáticas habituais que experimenta o destino en tempada alta en determinados recursos, como son os embarcadoiros, mosteiros ou outras zonas de ocio, como a Praia da Cova.
A tal efecto, o documento contempla como posibles solucións a implantación de novos servizos de transporte turístico colectivo ou o trasvase modal de acceso a embarcadoiros (lanzadeiras).
Con isto, e tendo en conta as consideracións do equipo experto responsable da elaboración do PMS, o Consorcio de Turismo pon en marcha unha proba piloto deste servizo de lanzadeiras que comezou no día 15 de xullo, en 5 puntos do territorio que rexistran unha elevada afluencia de visitantes e tránsito de vehículos na tempada estival.

SERVIZO GRATUITO TODOS OS DÍAS DA SEMANA
Os 5 novos servizos funcionarán gratuitamente todos os días entre o 15 de xullo e o 30 de agosto. Esta periodicidade permitirá analizar o funcionamento do servizo nas semanas máis fortes en afluencia do ano. Cos resultados acadados e os axustes que sexan precisos, levaríase a cabo a organización e/ou contratación dos servizos lanzadeiras de cara aos períodos de tempada alta do ano 2024. Do mesmo xeito, os horarios plantexados para este verán 2023 son unha proposta de frecuencias para avaliar o nivel e picos de demanda do servizo, de tal xeito que estes poden sufrir variacións ao longo da tempada en función da demanda real de prazas.

MÁIS DE 1200 PRAZAS DIARIAS NAS LANZADEIRAS
A capacidade do transporte variará dependendo do percorrido a realizar, entre as 16 e 30 prazas por traxecto. Póñense así a disposición máis de 1.200 prazas diairias nas lanzadeiras para intentar desconxestionar de vehículos as áreas de maior afluencia de visitantes e problemáticas para o estacionamento. Está habilitada a reserva previa de prazas ata 1 hora antes da saída): https://turismo.ribeirasacra.org/es/reservas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A asemblea de traballadores acorda mobilizarse contra o desmantelamento do Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Agromuralla acusa ás industrias lácteas de «aumentar os seus beneficios estrangulando aos productores»

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: