Do 18 ao 21 de agosto, Pantón é troula e música, co Trece Roeis Fest e as Festas de Ferreira

O concello de Ferreira celebra a mediados de agosto dúas das súas citas festivas máis importantes que cada ano achegan ao municipio a centos de persoas.
A primeira delas, unha nova edición do Trece Roeis Fest, que terá lugar os días 18 e 19 de agosto. O festival está organizado pola asociación cultural 13Roeis contando coa colaboración do concello. A programación do venres, 18 de agosto, inclúe as actuacións de Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet’s Silence, Enxeito e Tirapralá. O sábado, 19 de agosto, contarase coa música de SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Monoulious DOP, Uxía Lambona e a Banda Molona e Festicultores Troupe.
Rematado o Trece Roeis, a festa e o ambiente mantense no municipio coa celebración das Festas de Ferreira que organiza o concello. O domingo, día 20 de agosto comezará con sesión vermú nos bares de Ferreira e na Praza de Goián. Ás 17:30 na Praza do Concello, Infantilandia, con xogos e actividades para os/as máis pequenos/as. A partir das 21:30 contarase coas actuacións de charanga KM0 e as orquestras Nueva Fuerza e Florida Band.
O luns, 21 de agosto, tamén comezará con sesión vermú; durante a tarde Infrantilandia e pola noite a festa estará amenizada pola charanga Tatoo e as orquestras Ritmo Xoven e Galilea.
O alcalde, José Luis Álvarez, anima a veciños e visitantes a disfrutar destes 4 días de concertos e actuacións que vestirán de festa o municipio, “Temos actividades e propostas para todas as idades como colofón a un verán que cada ano trae máis visitas a Pantón”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Posta en valor da artesanía na XIX Feira Outrora Rubián-Bóveda

Seguinte Nova

Acusacións cruzadas entre a portavoz popular, Katy Varela, e o Alcalde José Tomé, a conta do estado do Río Cabe ao seu paso por Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss