Acusacións cruzadas entre a portavoz popular, Katy Varela, e o Alcalde José Tomé, a conta do estado do Río Cabe ao seu paso por Monforte

Manchas no río Cabe, á altura de Ribas Altas, denunciadas pola portavoz municipal do PP, Katy Varela. Foto GPPP.

Aínda non levamos dous meses dende a constitución da nova corporación municipal monfortina, e a tensión volve facer a súa aparición na mesma. Esta vez, o obxecto da polémica, xurdiu como consecuencia dunha denuncia pública levada a cabo pola portavoz popular no concello, Katy Varela, que, segundo sinalou, foi alertada por varios veciños da aparición de novas manchas no río Cabe, nesta ocasión na parroquia de Ribas Altas. A portavoz popular, considerou que posiblemente fosen derivadas de novas verteduras ao río Cabe, unha situación, que, entende Katy Varela, podería danar seriamente ao medio ambiente e á seguridade dos monfortinos, sobre todo tras comprobar como hai menos de 15 días que apareceran outras manchas de características semellantes no mesmo río ao seu paso polo casco urbano de Monforte.
A voceira popular amosouse “moi preocupada” polo estado do río Cabe e preguntaba ao alcalde José Tomé “en que situación se atopa a dotación de saneamento a todo o municipio” xa que a realidade é que Monforte segue sen contar cunha rede completa de saneamento. “O que non se pode entender é como o alcalde mira cara outro lado no referente ás verteduras ao río mentres pretende facer unha praia fluvial nel”, lamentou. Katy Varela mostrouse contundente neste eido e afirmou que “pola seguridade dos veciños de Monforte, pola seguridade do medio ambiente e pola imaxe do municipio debería ser prioritario para Tomé poñer unha solución ao problema do saneamento para rematar coas verteduras ao Cabe”
Dende o PP recordan que a competencia en materia de saneamento é municipal e o alcalde José Tomé leva demasiados anos sen facer nada neste eido “ao que debería ser prioritario dar unha solución”.
Katy Varela lembrou que no pleno aprobouse a prórroga do convenio asinado entre o Concello de Monforte e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil polo que se atrasa a renovación da potabilizadora do polígono industrial do Reboredo. “As obras deberían de finalizar en 2025, pero con esta prórroga demórase a renovación un ano máis debido a que este ano non hai ningún tipo de investimento”, denunciou.

RESPOSTA DENDE O CONCELLO
A resposta dende o Concello non se fixo esperar, e tachou a denuncia do vertido na zona dos baños de Vilanova, como absolutamente falsa. Sinalan, que tan pronto como tiveron coñecemento polos medios de comunicación, das acusacións feitas pola concelleira do Partido Popular, iniciaron un procedemento de investigación e diagnóstico das augas no lugar referido para verificar a realidade da situación que denuncia.
Unha vez feitas as comprobacións pertinentes por parte da Consellería de Medio Ambiente, e baseándonos nos informes remitidos ao Concello, púidose comprobar que non existen tales vertidos senón unha acumulación de espuma que é un fenómeno natural que se produce en ocasións pola presenza de residuos orgánicos e a batida da auga e que se repite todos os anos en todos os cauces fluviais.
Este fenómeno é relativamente habitual en zonas de remanso e nas orillas dos rios e en absoluto se poden confundir cun vertido. Dende o Concello califican como moi grave dirixirse aos medios de comunicación alertando da perigosidade para a seguridade dos veciños, baseándose nunha sospeita ou na rumoroloxía de persoas que non teñen coñecementos suficientes para diferenciar un vertido dun fenómeno natural.
Pensan no equipo de goberno municipal que «esta falsidade, se utilizou premeditadamente para desacreditar ao Equipo de Goberno actual e desprestixiar o Proxecto da Praia Fluvial que o Alcalde vai a levar a cabo, dando resposta a unha reivindicación dos veciños de Monforte dende fai moitos anos. Nesta nota de prensa, ademais, a Sr Katy tamén se atreve a mentir descaradamente afiramando pasividade do Alcalde por solucionar os problemas de saneamento de Monforte, cando o Sr Tomé, foi o único que se preocupou por solucionar esta problemática herdada dende moitos anos atrás, como demostran as inversión millonarias feitas estes últimos anos, e na que ningún outro Alcalde quixo tomar medidas».
Insisten en tranquilizar á poboación e aseguran que as augas na baño na zona de Vilanova non son nocivas. Ao mesmo tempo califican a Katy Varela como «incompetente para o cargo que ostenta, e que utiliza a mentira como fai o Sr Feijoo co único fin de acadar un protagonismo que non lle deron os veciños».

CONTRARRÉPLICA DO PARTIDO POPULAR
Logo do comunicado do Concello, o PP de Monforte declina entrar a valorar as descualificacións que dirixiu cara ao seu portavoz , pois consideran que o mero feito de argumentar descualificando ao contrario xa o retratan a el como persoa. Declaran que «seguiremos vixiantes co estado do Río Cabe e coa situación do abastecemento e saneamento da cidade, e ningún dos seus improperios vai evitar que sigamos exercendo as nosas funcións de oposición.
O río Cabe continúa en mal estado en moitos puntos no seu transcurso polo municipio, e alégranos que a nosa nota de prensa fixese efecto e o alcalde ao fin preocupouse disto, aínda que xa lle advertimos que seguiremos vixiantes e que un informe nun momento dado dun determinado punto non é suficiente para acreditar o estado do Río. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Do 18 ao 21 de agosto, Pantón é troula e música, co Trece Roeis Fest e as Festas de Ferreira

Seguinte Nova

25 anos da irmandade entre Sarria e localidade bretoa e Guerlédan

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss