As altas temperaturas aumentan o risco de incendios forestais na comarca de Quiroga

Traballos de extinción dos incendios forestais de Quiroga. Fotos GPCQ.

Risco extremo de incendio en todo o sur de Lugo. Así se observa no índice de risco de incendio forestal (IRDI) que é publicado diariamente pola Consellería do Medio Rural. Para establecer ese índice de risco diario tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o das infraestruturas preventivas, das masas arbóreas e o do chan. Esta ameaza xa se deixou notar na comarca de Quiroga, con dous incendios, que afortunadamente xa están controlados, aínda que calcinaron unhas 26 hectáreas. A estación meteorolóxica que Meteogalicia ten na Conchada chegou a rexistrar ás tres da tarde 45´02º. O primeiro dos incendios iniciábase a primeira hora da tarde entre Centeais e Ferreira.No lume que se daba por controlado ás once da noite participaron tres técnicos, nove axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, una pala, oito avións e seis helicópteros. Pasadas as oito do serán alertábase doutro incendio en Carballo de Hospital. O lume que conseguiu controlarse sobre as catro da mañá arrasou unhas 7 hectáreas de terreo, maiormente arborado. O lume iniciouse en varios puntos distintos a pouca distancia entre si ao longo dunha pista, o que indica a súa intencionalidade. No operativo traballaron un técnico, cinco axentes, 12 brigadas, oito motobombas, una pala, unha unidade técnica de apoio, catro avións e tres helicópteros, que tamén participaran no incendio da parroquia de Montefurado. Ata Carballo achegáronse o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e varios Concelleiros do equipo de Goberno, para saber cal era a situación e si se precisaba algunha axuda por parte dos servizos municipais. A brigada antiincendios municipal que non traballaba por estar de descanso presentouse voluntaria e colaborou na extinción.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Balance positivo en resultados e ventas na 23ª edición da Mostra Artelemos 2023

Seguinte Nova

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez visita as obras do IES Daviña Rei de Monforte

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss