![](https://i0.wp.com/encomun.es/wp-content/uploads/2023/08/IMG_3063-scaled.jpg?resize=333%2C250&ssl=1)
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa participación de 30 casetas, e que tivo unha numerosa afluencia de visitantes, que non se deixaron intimidar polas altas temperaturas. Neste último día de Artelemos, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada, quixeron acercarse para coñecer de primeira man as valoracións dos artesáns participaantes na mesma, e según declarou o Alcalde con posterioridade, “todos eles nos comentaron de que lles foi moi ben nos días de duración do certame e que levaron a cabo numerosas ventas. De feito, practicamente todos os artesáns xa nos pediron que sigamos organizando e celebrando este certame, e que contemos con eles para participar na vindeira edición de 2024”.
“As estimacións que facemos dende o Concello, e tras o que nos comentan os artesáns participantes, é que superamos as cifras da edicións de 2019 e 2022, tanto en número de público asistente como de ventas acadadas”, resaltou o Alcalde. Neste senso, o incremento estes días no número de turistas e de visitantes á cidade, contribúe á mellora dos datos acadados, con respecto a edicións anteriores.
A edición máis exitosa dos últimos anos
En Artelemos 2023 participaron 30 profesionais da artesanía, 7 máis que en 2022, o número máis alto de participantes das edicións que se levan celebrado, sen dúbida un dos factores que contribuíu o enorme éxito desta edición, según destacou José Tomé. O éxito de visitantes e ventas, destacou o Alcalde, “radica en que este ano o certame durou seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns este ano dende o Equipo de Goberno decidimos ampliar os días de celebración do mesmo ata o mércores 9 de agosto, en vez de finalizar o martes como se facía nos últimos anos”.
Os obradoiros dirixidos a nenos e nenas, tamén resultaron ser todo un éxito, pois en todas as xornadas superáronse o número de prazas ofertadas para os mesmos.
“Boa mostra do éxito de Artelemos, logo de dous anos de ausencia, é que moitos dos artesáns xa se comprometeron a participar na vindeira edición de 2024, e pedírnonos que sigamos organizando e celebrando este certame no lugar e nas datas en que o facemos”, concluíu o Alcalde. “Porque con esta Mostra contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais especializadas en coiro, olería de Gundivós, cestería, madeira, xoiería, gancho, entre outras especialidades.
En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.. •