O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez visita as obras do IES Daviña Rei de Monforte

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visita o Instituto IES Daviña Rei de Monforte de Lemos, onde dá conta das obras previstas para o período estival ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Foto GPXG.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou a aposta da Xunta de Galicia coa mellora das infraestruturas educativas na provincia de Lugo neste verán, cun total de 74 actuacións en 58 centros educativos que acadan un investimento de máis de 15,5M€.
EFICIENCIA ENERXÉTICA
Así o sinalou durante unha visita ao Instituto IES Daviña Rei de Monforte de Lemos, onde a Xunta está levando a cabo unha ambiciosa mellora sectorial no que se compaxinan traballos de eficiencia enerxética con reformas varias por un importe de case 1,6M€. Na visita estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
O conxunto de intervencións na provincia son obras que se están realizando aproveitando o período estival ou que están en proceso de licitación na provincia de Lugo ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Trátase de intervencións como ampliacións, rehabilitacións integrais, melloras de eficiencia enerxética ou de accesibilidade que “intensificamos nestas datas co fin de aproveitar o período non lectivo e causar o mínimo impacto na comunidade educativa”, abondou o conselleiro. Todas elas están enfocadas a acadar centros escolares máis modernos, confortables e sostibles tanto desde o punto enerxético como medioambiental.
No caso de Lugo, das obras previstas para a provincia, 15 son grandes actuacións (cun período de execución maior que o verán) noutros tantos centros educativos que contan cun orzamento de 14,27M€. As restantes son obras menores, un total de 45 que suman un investimento de case 850.000€ para pequenas reformas e melloras en 39 de colexios e institutos.
Tamén, co fin de acadar centros educativos máis sostibles e enerxeticamente eficientes e máis respectuosos co medio ambiente, está previsto instalar fotovoltaicas en 14 centros, por un importe de case 387.000€ .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As altas temperaturas aumentan o risco de incendios forestais na comarca de Quiroga

Seguinte Nova

EXPOSICIÓN FOLIÓN DE CARROS EN CHANTADA

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: