A Ribeira Sacra promociónase no Festival Interceltique de Lorient

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra está presente cun stand de información turística e unha pequena exposición fotográfica do xeodestino

Imaxe do stand da Ribeira Sacra no Festival de Lorient. Foto GPCTRS.

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra está a participar no Festival Interceltique de Lorient cun stand de información turística e unha pequena exposición fotográfica do xeodestino. A idea é dar a coñecer e promocionar a Ribeira Sacra como destino turístico. O de Ribeira Sacra será o único stand de información turística de Galicia no Festival. Dous técnicos do organismo desprazáronse á vila para dar a coñecer os atractivos da nosa rexión aos milleiros de visitantes chegados de todos os recunchos do mundo.

MERCADO EXTERIOR
O público francés e o británico son dous dos prioritarios para Ribeira Sacra cando falamos de mercados exteriores, polo que a participación neste festival supón unha oportunidade para a proxección do xeodestino.

O FESTIVAL FRANCÉS MÁIS IMPORTANTE
O Festival Intercéltico de Lorient é o festival bretón e francés máis importante. Atrae a unha media de 750 000 visitantes e espectadores en cada edición. Aínda que a base do Festival Intercéltico sexa a cidade de Lorient, os asistentes gozan de todas as actividades que ofrece Lorient Bretagne Sud: as praias, as visitas e as excursións enriquecen o descubrimento cultural que se vive co Festival. Cada ano e durante 10 días a principios de agosto, este evento reúne as 11 nacións celtas en Lorient. Escocia, Irlanda, País de Gales, Cornualles, Isla de Man, Galicia, Asturias, Bretaña, Estados Unidos, Acadia (en Canadá) e Australia únense cada ano á festa. Así pois, o público acode a aplaudir a máis de 4 500 artistas, entre músicos, bailaríns, artistas, etc. E celébrase desde fai xa máis de 50 anos, o festival Intercéltico de Lorient 2023 este ano ten lugar do 4 ao 13 de agosto, sendo a nación celta convidada Irlanda.

DATOS LANZADEIRAS
Por outra parte, dende o Consorcio informan da proba piloto dos cinco servizos de lanzadeira entre o 15 e o 31 de xullo. O número de prazas ocupadas foi de 11.000, por 5.900 usuarios. O 70% correspóndense con usuarios da lanzadeira do Mosteiro de Santo Estevo que recibiu unha media de 480 visitantes cada día. 1300 persoas fixeron uso das lanzadeiras dos embarcadoiros e de Praia da Cova, sendo o máis frecuentado cun 55% o de Monforte-Ponte do sil. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

JUANA DE VEGA, a exposición conmemorativa do 150aniversariodo seu falecemiento

Seguinte Nova

Monforte nas redes sociais da man de influencers especializados

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss