As rúas de Monforte póñense guapas

O Alcalde supervisou o inicio do asfaltado da rúa Pontevedra, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada.Foto GPCM..

Chega o verán, o bo tempo, e moitos veraneantes visítannos nestas datas, así que non hai mellor momento para que as rúas da cidade, melloren o seu aspecto, cun bo asfaltado. Sexa ou non este o motivo, o certo é que desde o Concello están a levar a cabo obras de mellora do firme de oito rúas da cidade incluídas no plan desenvolto polo Equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, en concreto, a Travesía da Veiga, o Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril, e as rúas Irmandiños, Mato, Pontevedra, Ribeira, Curros Enríquez e Caneiro. O investimento total para estas 8 actuacións de mellora ascende a 170.000 euros (169.556,91€).
As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o Alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.).
José Tomé Roca, destaca que “iniciamos así neste novo mandato o desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.
“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a desenvolver actuacións para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 8 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unanimidade no Consello Municipal de Saúde polas graves carencias de especialistas do Hospital de Monforte

Seguinte Nova

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa ten finalistas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss