O equipo de goberno do concello de Bóveda, co seu alcalde José Manuel Arias á cabeza, quixo render unha merecida homenaxe, cunha recepción no concello, ao nadador local Javier Pontón, polos éxitos deportivos que está a conseguir nos últimos meses. O deportista do CN Monforte, é unha das maiores promesas da natación galega, e xa brillou con luz propia nos campionatos galegos junior e absoluto celebrados en Ourense o pasado mes de xullo, obtendo seis medallas, levándose con dous ouros os campionatos en 50 metros bolboreta, tanto en categoría junior como absoluta. Con estas credenciais, o mozo nadador local, presentouse en Málaga no Campionato de España, logrando clasificarse para a final junior de 18 anos, na que cun tempo de 25.39 levou a medalla de prata, só superado por Félix Calmont con 24.89. Este tempo supón un novo record galego nesta modalidade na categoría junior 18 anos. Javier Pontón acudiu ao Concello acompañado do seu irmán, Juan, tamén nadador de éxito, e da súa nai, Natividad Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural na Corporación local. de Bóveda.
Foi un acto moi emotivo no que lle fixeron entrega dunha placa co escudo do Concello de Bóveda “en recoñecemento ao seu esforzo e méritos deportivos” nos recentes campionatos galegos e de España.•