Éxito de participación e asistencia na décima edición do DHU Vila de Sarria

Foto Montero

Está considerada como a mellor proba de descenso urbano celebrada en España e os números da súa décima edición non enganan: 200 participantes e máis de 7.000 espectadores. Con estas cifras tan espectaculares despediuse do calendario a oitava edición do DHU Vila de Sarria, celebrada durante os días 29 e 30 de xullo. O DHU Vila de Sarria 2023 arrincou o sábado pola mañá cunha versión mini da carreira dirixida aos máis pequenos, unha das iniciativas da federación autonómica de ciclismo en colaboración coas autoridades rexionais que está a ter unha gran acollida nas probas disputadas por todo o territorio galego a modo de promoción do deporte base. Xa o domingo, despois dos adestramentos da mañá, tivo lugar a competición na que velocidade e adrenalina foron o prato forte dun evento no que o máis rápido foi José Borges seguido de Antonio Ferreiro, en categoría masculina e entre as mulleres a gañadora foi Alba Arias García.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte dá comezo ás súasFestas Patronais

Seguinte Nova

Finalizado o IIICampus de Baloncesto Bilingüe do Ucoga CB Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: